24 julio 2009

La diputada Davila aprieta el cerco a los bungalows del camping de Baiona

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O Goberno vén de respostar á deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, que respeito á demolición dos bungalows do camping de Baiona, “emitiu comunicación aos responsábeis do camping na que se fixa unha xunta para proceder á imediata retirada destas instalacións”.

Ademáis, a deputada do BNG preguntaba a Costas se os donos destas vivendas prefabricadas pagaran a multa de 30.000 euros imposta polo Servizo Provincial de Costas de Pontevedra no ano 2000 e na que tamén se ordeaba a demolición do “indebidamente construido e instalado, en referencia ás 34 vivendas prefabricadas en Praia de Ladeira”.

Neste sentido, o Goberno indica que a multa económica imposta foi abonada polos responsábeis.

Bungalows aínda en pé a pesar dunha resolución e unha sentenza

Davila poñía de manifesto que a pesar de existir unha sentenza de demolición dos bungalows ilegais, “o camping continúa a facturar importantes ingresos polo cobro destas construccións que nen siquera estaban precintadas cando existía unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza do ano 2004 que desestima o recurso contencioso interposto polo propietario do camping”.

A deputada do BNG pedía explicacións ao Goberno por que aínda non se cumprira coa resolución de Costas nen coa sentenza do Tribunal de Galiza.
O Executivo explica na súa resposta ao BNG que o camping de Baiona Praia atópase nun terreo adquirido á Administración do Estado no anos 40.

Informa o Goberno que desde hai uns meses “mantén conversas cos propietarios xa que se lles xenerou a condición de beneficiarios que establece a Disposición Transitoria Primeira da Lei 22/1998 de Costas, según “a cal o propietario pode optar a unha concesión, para intentar buscar unha nova ubicación ao camping e recuperar estes terreos para o Dominio Público”.

Explica así que a sanción interposta aos donos do camping foi “pola ocupación e execución de obras non autorizadas e prohibidas en terreos DPMT”.