27 julio 2009

A Guarda : el Concello quiere que la "nueva" Xunta no se "olvide" del convenio en vigor con Política Territorial

A Guarda (MORRAZO-TRIBUNA).- No próximo Pleno Ordinario que se vai celebrar o vindeiro 31 de xullo, tratarase unha proposta da Alcaldía para que o Pleno da Corporación inste á Xunta de Galicia a dar cumprimento ó convenio asinado o pasado 11 de febreiro entre a anterior Conselleira de Política Territorial, María José Caride e o Alcalde da Guarda, José Manuel Dominguez Freitas. Este convenio contempla a mellora da estrada PO-353 a Guarda Fornelos con construcción de beirarrúas e senda peonil no treito que discorre polo concello da Guarda acorde co proxecto redactado pola propia Consellería.

A cláusula terceira do citado convenio establece a financiación da obra por un importe de 1.050.000 con cargo a unha determinada partida dos Orzamentos Xerais da Xunta de Galicia distribuídos en dúas anualidades: 300.000 € ano 2009 e 750.000€ ano 2010.

Dado que por parte do Concello se cumpriron todos os compromisos esixidos pola Consellería relativos a posta a disposición de terreos, asunción de obrigas etc. e toda vez que existe constancia de que a día de hoxe non se inicio por parte da Consellería a licitación das obras é polo que o alcalde tomou a decisión de levar esta proposta a Pleno.

Lembrar que esta obra é unha vella demanda dos cidadáns guardeses por ser un tramo que non conta sequera con arcéns, onde o tránsito de peóns e moi importante e con un tráfico rodado moi considerable, representando polo tanto un perigo para a seguridade dos usuarios.