27 julio 2009

Nacionalismo : Beiras e os seus reflicten esta semana

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-A Coordenadora do Encontro Irmandiño reúnese o próximo día 30 para tratar sobre a situación política nacional, sobre o estado da vida interna do BNG e a súa relación cos movimentos sociais, así como os métodos para achegar o BNG e o Encontro aos mesmos.

A Cordenadora do Encontro ten sobre a mesa diversas propostas de grupos de militantes para debater tanto sobre os obxectivos do mesmo para o próximo período político como a “folla de ruta” e calendario para o seu reforzo orgánico para o traballo dentro e fora do BNG.

O Encontro Irmandiño proponse debater e resolver sobre as formas de organización e de achegamento entre as forzas políticas e os movimentos sociais tan afastados da práctica política dos partidos políticos tradicionais e tamén do BNG nos últimos anos, así como sobre o papel da esquerda na sociedade galega e no mundo.

Crear a certeza de que o nacionalismo e a esquerda se pode organizar garantindo que responda unicamente aos intereses dos segmentos e clases sociais comprometidos na transformación liberadora do marco xurídico-político e das relacións sociais, é o obxectivo ambicioso pero urxente que se propón o Encontro Irmandiño.

O remate deste proceso levará a un grande encontro nacional moi aberto sobre estas cuestións, segundo as propostas antes citadas presentadas ante a Coordenadora,