16 julio 2009

La mesa de la madera se ocupa AHORA de los efectos del ciclón del mes de enero

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que o Pazo de Baión constitúe “todo un icono da vitoria da xustiza” e que a súa entrega simbólica a Galicia, hai agora un ano, representa unha vitoria “fronte a peor das drogas: a droga da impunidade”.

Durante o acto conmemorativo do primeiro aniversario da toma de posesión da propiedade do Pazo por parte da sociedade vitivinícola Condes de Albarei, o mandatario galego destacou, ademais, que a entrega do Pazo significou “un premio á reivindicación minoritaria daquelas nais que nos anos oitenta puxeron valentía onde había desesperación” e recompensou o traballo posterior “conxunto e coordinado”, de asociacións, de administracións, de xuíces, de fiscais e de forzas de seguridade.

Para Galicia enteira é un orgullo que este edificio, outrora símbolo do narcotráfico, sexa hoxe “emblema” da loita contra esta lacra social, afirmou o xefe do Executivo autonómico argumentando que é consciente, ao igual que Condes de Albarei, da importancia de que o Pazo de Baión sexa empregado para fins tan distintos aos de décadas pasadas.

De feito, segundo relatou Feijóo, o compromiso social coa atención e reinserción dos drogopendentes ten propiciado que neste primeiro ano a cooperativa vitivinícola xa dera traballo a dez persoas que padeceron os efectos das drogas.

Acabar coa lacra da droga baseándose na educación
“Pero nun asunto coma este, debemos escapar dos triunfalismos”, apuntou o presidente da Xunta incidindo en que aínda “temos por diante unha tarefa”. “Temos a lexitimidade legal, pero tamén a lexitimidade ética fronte a un fenómeno que dana a dignidade das persoas”, abondou incidindo en que “a batalla contra os responsables desta actividade criminal que pon en risco a convivencia das nosas sociedades debe ser un dos principais puntos nos que centremos os esforzos”.

“Máis tampouco podemos fallar na educación”, apostilou, explicando que se debe dar liberdade e amplitude de miras aos mozos para que coñezan os efectos das drogas e saiban tomar a decisión oportuna: “dicir non”.