24 julio 2009

Diputados del BNG piden a F-009 que se aclare con el nuevo hospital de Vigo

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- As deputadas do BNG Carme Adán, Ana Luisa Bouza, e o deputado Henrique Viéitez, veñen de presentar unha iniciativa no Parlamento Galego na que lle demandan á Consellaría de Sanidade que defina se o financiamento do novo hospital de Vigo vai ser con diñeiro público e que aclare se asume o comprimo de que teña 1.440 camas, tal e como se contempla na plano de infraestruturas sanitarias actualmente en vigor.
As deputadas do BNG critican a “indefinición” do Goberno do PP a este resepeito, “tal e como se puxo de manifesto na recente visita de Núñez Feijóo a Vigo, onde non concretou cal é o seu proxecto para o novo hospital, nin como se vai financiar nin cales van ser as súas dimensións”.
“A Consellaría de Sanidade ten que aclarar se quere seguir co modelo de POVISA”
Ademais, as parlamentarias do BNG demándanlle ao Goberno de Feijóo se “mantén o compromiso do acordo pola sanidade pública -asinado polo Goberno Bipartito- de 2006 respeito á non continuidade do convenio singular con POVISA no momento en que sexa posíbel adscribir a esta poboación a un hospital público”.
Por último, pédenlle á Consellaría de Sanidade que aclare cómo se compromete a axilizar o proceso de expropiación dos terreos -tal e como consta nunha resposta do Goberno da Xunta ao BNG- sen coñecer os resultados do estudo realizado polo grupo de avaliación sobre o proxecto concreto de hospital de 1.440 camas que aparece no plano de infraestruturas sanitarias actualmente en vigor e que puxo en marcha a anterior Consellaría de Sanidade.