O nematodo da madeira do piñeiro (Bursaphelenchus xylophilus) é un invertebrado, un verme cilíndrico de menos de 1 milímetro de lonxitude (inapreciable, por tanto, a simple vista) que medra no interior da madeira de piñeiro e, excepcionalmente, doutras coníferas. Para se transmitir dunha árbore a outra precisa do que se denomina un vector, é dicir, un axente transmisor, que neste caso é o escaravello cerambícido (Monochamus galloprovincialis), perforador da madeira, e que sinte forte atracción polos piñeiros feridos, decadentes ou moribundos.
29 julio 2009
Gusano voraz asusta a la Xunta que pide freno a las importaciones de madera de pino de Portugal
Publicado por C&CdeGaliza en 29.7.09 Etiquetas: GALICIA, MEDIO AMBIENTE
Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O conselleiro do Medio Rural da Xunta de Galicia, Samuel Juárez, elevou esta mañá a petición de intensificar os controis sobre a importación de madeira e derivados de piñeiro desde Portugal, no decurso da Conferencia Sectorial celebrada no Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino, con presenza de representantes de tódalas Comunidades Autónomas.