23 julio 2009

El PP condena el suceso de la sucursal de Caixanova en Vigo

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O Partido Popular de Galicia condena firmemente a colocación dun artefacto explosivo nunha sucursal bancaria de Vigo e manifesta unha profunda repulsa contra este tipo de accións que poñen en perigo a vida humana. Por outra banda, os populares danlle as máis sinceras felicitacións aos membros do Tedax e aos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado pola súa eficaz xestión á hora de controlar o artefacto e evitar unha desgraza.

O PPdeG mantense firmemente en contra destes actos sen sentido que non fan máis que atentar contra a seguridade dos cidadáns e recordan que este tipo de accións non conducen a ningures nin teñen cabida nunha sociedade civilizada como é a galega.

Os populares esperan que casos coma o de hoxe non volvan a repetirse.