27 julio 2009

Máis de 600 expertos abordarán en Santiago os desafíos do pluralismo relixioso

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-Máis de 600 expertos en relixión abordarán en Santiago os desafíos do pluralismo relixioso. Investigadores de 60 países discutirán sobre as minorías relixosas, os conflictos e os radicalismos relixiosos ou a relación da relixión co fútbol e a política
Baixo o lema “Os desafíos no pluralismo relixioso”, a capital galega acollerá, desde hoxe e ata o venres, a sociólogos e investigadores das relixións procedentes de máis de 60 países dos cinco continentes que participarán no 30º Congreso da Asociación Internacional para a Socioloxía das Relixións (ISSR, nas súas siglas en inglés). O congreso está coordinado polo director do Departamento de Socioloxía da USC, Juan Luis Pintos.

A esta cita, que terá lugar en Santiago despois da celebración en 1976 do último congreso en España, acuden expertos de recoñecido prestixio das principais universidades europeas e americanas que debatirán sobre a adaptación das relixións á sociedade postmoderna e o xeito en que, as distintas sociedades, responden aos novos desafíos relixiosos.

Conflictos e radicalismos relixiosos

As sesións, organizadas en 84 mesas temáticas, tres grupos de traballo, duas sesións plenarias e un foro para os novos investigadores, abordarán as novas formas de relixón nas sociedades contemporáneas, as minorías relixosas, os conflictos e os radicalismos relixiosos en diferentes partes do mundo, a evolución da relixión en España, a relación entre a relixión e a política, o fútbol ou a xuventude, o fenómeno das peregrinaxes ou o uso das novas tecnoloxías na difusión das ideas relixiosas.

O pluralismo relixioso representa hoxe unha serie de retos complexos para as comunidades e grupos relixiosos que compiten por un capital social e comunitario e por contribucións financieiras e influencia política. Ante esta situación, os gobernos deben, con máis asiduidade, administrar solicitudes conflictivas que veñen dos grupos relixiosos e non relixiosos. Por iso, desta volta, a ISSR decidiu abordar estas cuestións así como a necesidade de que os medios de comunicación teñan en conta as distintas opinións relixiosas, as solucións adoptadas na educación escolar pública en materia relixiosa, o tratamento equitativo das organización relixiosas, a importancia crecente dunha formación profesional en materia relixiosas ou os cambios do papel dos grupos relixiosos e a súa presencia na esfera política.

A ISSR creouse en Lovaina (Bélxica), en 1948, baixo o nome de 'Conferencia Internacional de Socioloxía Relixiosa' para abordar cuestións de carácter elcesial. Cos anos, o seu campo de interese ampliouse á elaboración de estudios máis xenerais do papel das relixións na sociedade. Na 20ª conferencia, que se celebrou en 1989 en Helsinki (Finlandia), a Asamblea Xeral deste organismo adoptou o nome actual. Hoxe a sociedade conta con máis de 500 membros que traballan en máis de 50 países de todo o mundo.