29 julio 2009

F-009 hace balance de sus primeros cien días al frente de la Xunta de Galiza

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O presidente da Xunta compareceu, ante os medios de comunicación para facer balance dos 100 primeiros días de Goberno

FEIJOO: ‘GOBERNAMOS DESDE A NORMALIDADE, CON RESPONSABILIDADE E PARA DEVOLVER A CONFIANZA AOS GALEGOS’

§ Unidade, realismo, austeridade, acción e liberdade; principios que marcaron e marcan as liñas de acción do novo Executivo galego

§ Sostén que, despois deste tempo, os galegos saben que contan cun Goberno único, unido e cohesionado, cun único referente: ‘saír desta difícil situación en condicións de poder abordar a segunda modernización de Galicia’

§ Di que a nova Xunta busca a unidade con outras administracións: cos concellos de Galicia; coas sete cidades máis importantes de Galicia; e co Goberno de España, ‘cunhas relacións institucionais que, en cen días, pasaron de estar bloqueadas a un período de entendemento e de colaboración’

§ Lembra que Galicia é xa un dos referentes políticos da austeridade en España debido á reforma da Administración, a través da redución de altos cargos e cargos intermedios que foron substituídos por empregados públicos; e a un Plan de austeridade no gasto improdutivo que supuxo 144 millóns de euros para gasto produtivo e social

§ No camiño de recuperar os consensos lingüísticos, o novo Goberno galego modificou a Lei de Función Pública e abriu o camiño para derrogar o Decreto do galego na ensinanza a través da consulta a todos os pais