29 julio 2009

Nuevos ataques del BNG a la Xunta tras los primeros cien días del nuevo gobierno

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- A parálise e a desorientación son as palabras que mellor definen a situación do actual goberno da Xunta de Galiza, segundo o deputado Henrique Viéitez. Este considera que os proxectos que o anterior goberno bipartito deixara encamiñados na Comarca de Vigo non avanzaron nin hai perspectiva de que o fagan.

Expón o deputado que a deixación de funcións nos conflitos laborais; o intento de anulación discrecional e sen xustificación legal do concurso eólico; con enormes prexuizos para proxectos criadores de emprego e desenvolvemento vinculados a infraestruturas e a desenvolvemento local, son feitos graves quen demostran desinterese polo desenvolvemento deste País, e o intento de favorecer exclusivamente os intereses económicos e empresariais vinculados ao PP.

O non desenvolvemento da área metropolitana, un compromiso de 6 meses que se adiará até 2011 a paralización dos parques industriais na comarca, a depuradora de Vigo co risco dunha elevada multa, son feitos innegabeis que demostran, segundo Viéitez, o abandono da nosa comarca.

O grave perxuizo aos gobernos municipais que non son do PP, recurtando drasticamente os recursos para os planos de emprego por razóns exclusivamente partidarias; indican que detras das promesas electorais non había máis que mentiras e propaganda, que se sustancia no mesmo Partido Popular que xa sufriramos, patrimonialización da administración posta ao servizo dos seus exclusivos intereses partidarios, e a ocupación do poder político como único obxectivo.

A lingua, expón Carme Adán, estivo no cerne da campaña de mentiras e manipulación do PP, e é un dos eixos da propaganda. A consulta sobre a lingua no ensino é a mostra da incoherencia, o despilfarro e a falsidade. A demora na presentación dos resultados e o feito de contratar unha empresa para o procesamento dos resultados, despois de telo negado.

A deputada indica que a eliminación da gratuidade e do sistema de préstamo de libros no ensino, co incremento de gasto que vai supoñer para as familias e a administración, e a redución do profesorado, poñen en evidencia a mentira da suposta austeridade, e demostra que non apostan polo ensino público, gratuíto e de calidade.

Carme Adán dí que o Hospital de Vigo está paralisado, e non se ten garantido nin o tamaño axeitado nin o financiamento público, tal como tiña previsto e avanzado o bipartito. Que as novas escolas infantis non se poñen en marcha, fronte ás 2.228 novas prazas do ano 2008, descoñecese se vai haber algunha nova en setembro do presente ano.

A enumeración da deputada remata coa lei de dependencia. O seu desenvolvemento é o outro feito que certifica a paralización e incapacidade do novo goberno do PP. A “supermini” delegada de Vigo fica na paralise máis absoluta, Fronte ás 2000 persoas ao mes ás que se lles avaliaba o grao de dependencia, agora só se fan a metade. Agora existen 6000 dependentes agardando a súa resolución. A maior proba do escurantismo é que o labor de actualización do dados na web da consellería fica paralisado desde febreiro de 2009.