08 septiembre 2009

BNG pide al gobierno central la investigación exhaustiva de los últimos naufragios

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, rexistrou hoxe unha iniciativa parlamentar na Cámara Baixa relativa ao afundimento en dous días de dos dous pesqueiros galegos: o “Hermanos Landrove” e o “Nosa Cantiga”.

O deputado nacionalista pede ao Goberno que se realice unha investigación a fondo en ambos casos para esclarecer as causas que motivaron estes sinistros.

En primeiro termo, Jorquera traslada á familia e amigos do patrón falecido do “Hermanos Landrove” o “máis sentido pésame” e amosa a solidariedade do BNG coa súa familia.

O deputado do BNG alude ao naufraxio esta madrugada fronte a Cedeira do “Hermanos Landrove” e que se cobrou a vida do patrón. Pregunta ao Executivo a que hora recibiu Salvamento Marítimo o sinal de alerta da radiobaliza, a que hora activou o dispositivo de salvamento e canto tempo tardaron ditos medios en chegar ao lugar do sinistro.
Quer saber tamén se o “Hermanos Landrove” con base en Cariño pasou todas as inspeccións e controis pertinentes e cando foi a última revisión.

Pasou o “Nosa Cantiga” as inspeccións pertinentes?

Respeito ao naufraxio do pesqueiro con base en Ribeira, o “Nosa Cantiga”, o pasado domingo 6 de setembro, a 19 millas da costa portuguesa, Jorquera tamén quer que se esclarezan as causas deste sinistro.

De igual xeito, pregunta ao Goberno se Salvamento Marítimo recibiu sinal de alerta do barco afundido. “Houbo operación de resgate? De ser así, ¿que medios participaron?”, son algunhas das cuestións que formula na súa iniciativa.

O deputado do BNG alude especialmente ás condicións do “Nosa Cantiga”: un arrastreiro con 42 anos de antigüedade, que levaba sete anos amarrado a porto, que no 2008 foi obxecto dun expediente por abandono, que “de maneira sorpresiva se salvou de ser desguazado e foi reparado polo actual armador que o recuperou hai uns meses para a actividade pesqueira”. Tamén enfatiza o feito de que, según as información, “non poseía permiso temporal de pesca xa que lle caducara o 30 de xuño”.

Neste sentido, pregunta ao Goberno “como é posíbel que un barco de 42 anos e tantos problemas volte a estar operativo para faenar? Tiña todos os requisitos exixidos a un pesqueiro para que poida pescar? Como se explica que estivese navegando cando tiña a licencia de pesca caducada? Como é posíbel que non se controle e vixíe este tipo de circunstancias?”, son as preguntas que o deputado do BNG dirixe ao Goberno.

E remata solicitando ao Goberno que este último caso sexa motivo dunha investigación a fondo e que se exixan responsabilidades.