08 septiembre 2009

Deputación convoca seminarios de formación para el pequeño comercio

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).A Deputación de Pontevedra convoca para este segundo semestre do ano un total de cinco seminarios formativos destinados ós traballadores do sector do pequeno comercio.
Estes seminarios, organizados pola Deputación de Pontevedra a través da Área de Comercio do Servizo de Desenvolvemento Local, en colaboración co IGAPE-Bic Galicia, terán lugar nas localidades de Tui, Nigrán, A Estrada, Vilagarcía de Arousa e Cambados.
O primeiro dos seminarios, titulado “Vendas especiais: rebaixas, saldos, promocións e liquidacións”, celebrarase o martes 8 de setembro, en horario de 21.00 a 23.00 horas, na Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui (ACITUI).
O mércores 9 de setembro, das 20.00 ás 22.00 horas, terá lugar o seminario “Como afrontar a crise: medidas para afrontar a crise I” no local facilitado pola Asociación de Empresarios de Val Miñor (OVALMI).
O venres 18 de setembro, en horario de 20.00 a 22.00 horas, realizarase o seminario “A importancia de informatizar o comercio” no local da Asociación de Comerciantes da Estrada (ACOE).
O mércores 30 de setembro, en horario de 20.30 a 22.30 horas, terá lugar o seminario “Lei de Comercio Galego” no local da Asociación de Comerciantes de Vilagarcía ZONA ABERTA.
O último seminario, “Prevención de Riscos Laborais”, celebrarase o xoves 22 e o venres 23 de outubro, en horario de 22.00 a 23.00 horas, no local facilitado pola Asociación de Comerciantes de Cambados ZONA CENTRO.
A persoas interesadas en asistir a estes seminarios poderán inscribirse chamando ás asociacións correspondentes, ó número de teléfono 986 804 135 (ext. 499) ou a través do enderezo electrónico: comercio@depo.es.