07 septiembre 2009

Ciclismo : el patrón
felicita al ganador

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, felicitou hoxe ao corredor galego do Xacobeo 2010 Galicia, Gustavo César Veloso, pola súa vitoria na novena etapa da Volta a España de Ciclismo comprendida entre Alcoy e Xorret de Catí.

Ao remate da etapa, Roberto Varela, transmitiulle ao corredor arousán a súa felicitación e agradeceulle o seu traballo para dar a coñecer Galicia e o vindeiro Ano Santo fóra das nosas fronteiras. “Estades a facer un traballo fantástico como equipo e individualmente, competindo con éxito nas categorías máis exixentes do ciclismo e levando ó nome de Galicia ao máis alto”, asegurou. Do mesmo xeito amosoulle ao corredor o seu “apoio persoal e o da Xunta de Galicia como institución, dándovos ánimo para continuar pelexando polos primeiros postos”.

Na súa mensaxe o conselleiro tivo un recordo especial para Ezequiel Mosquera, ao recordar que esta Volta “está sendo moi dura polo accidente do teu compañeiro, pero sabede que toda Galicia está detrás de cada pedalada do Xacobeo 2010 Galicia.” Finalmente, animou ao equipo galego para o resto da competición, “sodes un exemplo de superación e para nós é unha honra contar cun equipo que compite no nivel máis alto do deporte”.

LOUZAN TAMBIEN

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, expresou "a miña máis rotunda e entrañable felicitación" ó ciclista arousán, Gustavo Cesar Veloso, polo seu triunfo na etapa hoxe celebrada na Volta a España.

Louzán destacou que o corredor de Bamio (Vilagarcía) é o primeiro arousán en acadar o devandito honor e foi tamén o primeiro español en gañar unha etapa nesta edición da Volta. , dixo.

O presidente da Deputación de Pontevedra gabou as cualidades humáns e deportivas de Veloso e dixo que é todo un exemplo para a xuventude . E quixo estender a súa felicitación <ós membros do seu equipo e a todos aqueles esforzados deportistas, directivos, técnicos, clubes e administracións que contribuiron, cada quén dende a súa parcela, a este novo éxito de Veloso que, ó final, é tamén un éxito do Xacobeo, de Arousa, de Pontevedra e de Galicia>.