01 septiembre 2009

Tribuna Libre

Fue en la conocida estación en la que venden al mejor postor el espacio que sea. Probablemente por ello -los vecinos de Coia así lo dicen- parece no existir el derecho de réplica... En el supuesto que esto sea así, no seremos nosotros los que acallemos la voz de los vecinos del populoso barrio de Coia.
___

A A.V. “Camiño V.” de Coia denuncia publicamente "o trato vexatorio e pouco ético que o alcalde de Vigo dispensou á asociación" nun programa televisivo

A asociación veciñal esixe unha disculpa pública inmediata e convida ao alcalde a visitar e coñecer o barrio de Coia

Respecto á intervención no programa televisivo “Diálogos con el alcalde” de onte, a directiva vese na obriga de replicar publicamente ao Sr. alcalde:
Unha persoa que di gobernar para toda a cidadanía por igual non pode adicar espazos televisivos a desacreditar a unha entidade veciñal que, a diferencia do que el fai, está exercendo un compromiso social desde a gratuidade e a crenza absoluta na participación cidadá democrática, algo sobre o que o propio alcalde ten moito que aprender.
Unha persoa cun mínimo de educación e respecto polos demais non utiliza un espazo no que non existe posibilidade de réplica para desacreditar e difamar.
Para demostrar a nosa educación e compromiso non imos caer no fácil das desacreditacións pero resulta triste que os políticos te inviten a deixar de crer na mesma política.
O alcalde xamáis mantivo unha entrevista con esta directiva, polo que dubidamos que poida coñecer quen somos, como traballamos e moito menos por que traballamos.
Convidámolo a que adique un pouco de tempo a unha lectura na que se pode sentir identificado “El Político y el Científico” de Max Weber.
O alcalde demostrou, unha vez máis o seu “talante” e o descoñecemento profundo do barrio. Cando quera falar de metros entre paradas de Vitrasa que chame e se lle explica que sucede se vives no final da rúa Bueu e tes mobilidade reducida, ou é que para quen goberna non teñen ese problema?

Por todo isto, esiximos unha disculpa pública inmediata e rectificación así como convidámolo a que veña a coñecer o barrio de man da veciñanza, se é que goberna para a todos-as.
En Coia a 1 de setembro de 2009
María Villaraviz Goberna
Presidenta da A.V. “Camiño V.” de Coia