24 octubre 2009

Consellería do Mar aclara nuevamente
conceptos sobre la Lei de Pesca que viene...


Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA) .- O departamento que dirixe Rosa Quintana asegura que a nova Lei de Pesca mantén íntegro o capítulo I do título VIII relativo á comercialización, a transformación e a promoción dos produtos da pesca, do marisqueo e da acuicultura da Lei de 2008.



A Consellería do Mar, tal e como defendeu dende o primeiro momento, só modifica no anteproxecto de Lei que na actualidade está en trámite no Parlamento, aqueles artigos que considerou susceptibles de cambio en beneficio do sector. Así, entende que os aspectos relativos á comerciaización aparecen recollidos do mesmo xeito na lei que actualmente está en trámite no Parlamento e que foi refrendada por unanimidade polos membros do Consello Galego de Pesca e tan só co voto en contra do representante de UGT.

O informe publicado esta semana polo Consello Económico e Socia no que se alude á comercialización refírese en realidade á clasificación das zonas de produción marisqueira, unha materia cuxa regulación de clasificación depende da  Unión Europea e non da comunidade autónoma. Dende a Consellería do Mar, recálcase que só lle corresponden as competencias de control que son exercidas dende o INTECMAR, un órgano que na Lei de Pesca do 2008 desaparecía e que o novo Executivo Autonómico considera imprescindible, non só manter, senón potenciar polo seu carácter de referente no control de calidade e salubridade dos produtos mariños.

Informe non preceptivo
Dende a Consellería do Mar decidiuse que, ao tratarse dunha modificación sustancial dunha Lei, era adecuado solicitar un informe ao Consello Económico e Social a pesar de que o artigo 5.1 da Lei 6/1995 que regula este órgano consultivo contempla que este requisito só é imprescindible para “anteproxectos de lei, proxecto de decretos lexislativos, plans xerais ou sectoriais que regulen materias socioeconómicas directamente vinculadas ao desenvolvemento económico e social de Galicia” e non para un anteproxecto de modificación da normativa existente, como é este caso.