28 octubre 2009

28-n. : rallie nocturno no Condado

-
Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA) .- O próximo día 28 de novembro de 2009 a ESCUDERÍA SURCO celébra a terceira edición do Rallie Nocturno de Regularidade Moucho do Condado.
Nesta proba podrán participar todos aqueles vehiculos que cumpran as nomativas vixentes para a súa circulación polas vías publicas. Antes de iniciada a proba, a organización efectuará un control administrativo dos vehículos, no que se esixirá permiso de Circulación en Vigor, ITV e Seguro Obligatorio en Vigor, e as medidas de seguridade obligatorias  (chaleco e os triangulos) así como do permiso de condución do piloto.

Estos vehículos recorreran un percorrido total de 140,34 km.  repartidos en duas secciones e con 5 especiais puntuables con un total 87,30 km., estes treitos estan concentrados na zoa do Condado Louriña e Parandanta.

Os participantes deberán enfrentarse a un percorrido absolutamente secreto, outra das especiais características desta especialidade, que sólo coñecerán os participantes pouco antes de disputar cada unha das seccións nas que se divide a xornada de competición. A última das peculiaridades deste rallie reside precisamente no  sistema de competición, basado na regularidade; en efecto a clasificación non premia o coche que cubre a distancia no menor tempo posible tal e como estamos acostumbrados a ver nos rallies tradicionais, si non os que máis se axusten en cada treito a velocidade media imposta pola organización e que por reglamento non  pode ser superior a 50 Km/h coa dificultade añadida de que a mayoría dos treitos se realizan de noite e se encontrarán abertos a circulación normal polo que os participantes deberán compartir vía co tráfico habitual destas carreteras. Para complicar un poco máis a su tarea, dentro dun mesmo treito pode haber cambios de media imposta e habrá controis secretos nos que os cronometradores comprobarán si a hora de paso de cada participante se axusta a media imposta pola organización para esa porción de treito cronometrado, penalizando o retraso o o adianto sobre a hora ideal de paso. O final da proba será proclamado vencedor o que menos puntos de penalización sumen o largo da noite.
 
A xornada de competición comenzará as 15:00 do Sábado na AREA DE SERVICIO A Queimadiña GEDAS O Couto – Lira Autovía A-52 – Salida 291 Salvaterra de Miño. A saida do primero participante producirase as 17:30. Unha vez que os pilotos e navegantes se enfrenten o primeira sección teremos un pequeno descanso no Restaurante Os Do Resero en A Cañiza para encarar a segunda sección que terminará as 21:30 no Restaurante O Pozo en A Cañiza, donde tera lugar unha cea e o finalizar entregaranse os trofeos que se premian os tres primeiros da Xeral, e tamén o primeiro equipo femenino, masculino e mixto.

Os Equipos constaran dun conductor e un acompañante, estando prohivido o transporte de calquer outra persoa, considerase como socio que calquer dos dous participantes do equipo sexa socio da Escuderia.
A inscrición inclue: cena (2 participantes), documentación e seguro de responsavilidade civil  
PARA INSCRIBIRSE OU RECIBIR MAIS INFORMACIÓN:
ESCUDERIA SURCO

Rua Marqués de Viana, 14

36450 – Salvaterra de Miño
Tel.: 679044031  ou  663997585    Fax: 986 66 08 92