24 octubre 2009

VIGO : Domínguez ve una bofetada
a la ciudad en los presupuestos de la Xunta


VIGO (MORRAZO-TRIBUNA).- O tenente de alcalde, Santi Domínguez, destacou este venres que os orzamentos da Xunta de Galiza son unha “auténtica bofetada” para os vigueses e viguesas. Nunha rolda de prensa conxunta coa deputada no Parlamento galego, Carme Adán, e o vicerresponsable comarcal do BNG, Manuel Caride, o nacionalista fixo un chamamento aos políticos do Partido Popular, José Manuel Figueoa, Ignacio López Chaves e Corina Porro, para que defendan os “intereses de Vigo” e así llo esixan aos responsables do goberno galego.






A deputada do BNG salientou na súa valoración dos orzamentos “a forte contradicción entre o que se di e  o que se fai”. Explicou que os orzamentos non son austeros “porque non hai recorte no gasto corrente”, senón que o recorte se produce nos investimentos, que ao seu xuízo “son os que poderían axudar a saír da crise”, e no gasto social. Ao respecto, Carme Adán subliñou que as partidas de Sanidade e Educación “baixan”, así como as de Benestar Social, posto que nin tan sequera aparacen os compromisos asinados entre Corina Porro e Anxo Quintana cando eran alcaldesa de Vigo e vicepresidente da Xunta de Galiza, respectivamente.


Segundo Adán, o único que figura nos orzamentos son as partidas xa comprometidas anteriormente, como as obrigadas pola Lei de Dependencia, mentres que desaparecen as relacionadas coas infraestruturas de benestar. Asemade, a deputada nacionalista indicou que tampouco existen “medidas claras para o fomento do emprego”, de tanta relevancia no momento de crise actual.


“Austeridade para Núñez Feijóo significa que á cidade máis importante de Galiza e a que máis está padecendo as consecuencias da crise se lle recorta todo”, indicou o tenente de alcalde. Neste sentido lembrou que mentres os orzamentos xerais para Galiza baixaron un 0,9%, o orzamentos destinados a Vigo caíron nun 36%, o cal ao seu xuízo “quere dicir que Vigo é unha cidade castigada”. Asegurou que son investimentos “máis austeros” en gasto social e investimentos dos últimos dez anos.


Segundo Santi Domínguez, “é unha vergonza que nun momento de crise non haxa nin unha soa medida ante a crise, nin un novo proxecto e medida para os traballadores”. A xuízo do tenente de alcalde, o “máis grave” non é que o PP pretenda castigar ao BNG e ao PSOE que gobernan na cidade ”senón que castigan aos vigueses e viguesas”. Ao repecto dixo que o castigo é para as persoas que non terán centros de día ou de saúde na súa cidade.


O tenente de alcalde fixo tamén mención á Consellería de Industria, “que tendo un conselleiro de Vigo destina cero euros ao recinto feiral do IFEVI” pese a prometer a ampliación do aparcamento en campaña electoral. Lembrou que foi o anterior conselleiro de Industria, Fernando Blanco, quen deixou consignados estes cartos. “O PP só vén á nosa cidade a coller os votos e cando os ten esquece a quenes depositaron a confianza depositada neles”, rematou.