29 octubre 2009

Deputación sigue apostando
de verdad por un Miño transfronterizo

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA) .- A Deputación de Pontevedra e a Associação de Municípios do Vale do Minho, a través da asociación transfronteiriza Uniminho, desenvolveu onte, na Área Panorámica de Tui, unha Mesa Redonda baixo o lema “Emprendedorismo e Desenvolvemento Local” co obxectivo de debater o apoio a emprendedores na área Unimiño, así como presentar instrumentos e metodoloxías de soporte ao emprendedorismo.
Desta forma, preténdese establecer sinerxías no territorio que contribúan á aparición de novos espazos de cohesión, de cara ao desenvolvemento de proxectos de cooperación a presentar na próxima convocatoria do POCTEP, así como crear e coordinar unha rede de cooperación no Val do Miño Transfronteirizo envolvendo o tecido institucional do espazo Unimiño.
As principal conclusión desta primeira xornada celebrada foi o establecemento dunha rede de intercambio metodolóxico que se materializará a través da páxina web da entidade Uniminho e que estará formada polos asistentes a esta mesa de traballo. Esta iniciativa quedou establecida considerando que o emprendedorismo é unha actividade estratéxica e un obxectivo importante para o desenvolvemento local da zona do Val do Miño e que existen diversas estruturas e profesionais a traballar na promoción da creación de empresas.
Deste xeito, a Deputación de Pontevedra colabora no apoio á mobilidade de emprendedores en toda a área do Miño e na busca de solucións dende unha perspectiva europea e transfronteiriza que supere bloqueos históricos.
Resalta tamén a próxima realización doutra Mesa Redonda “Políticas de Apoio ao Desenvolvemento Rural” que terá lugar, o próximo dia 4 de novembro, na sede da entidade Uniminho, en Valença do Minho, que pretende tamén dinamizar unha rede de cooperación de desenvolvemento rural no territorio do Val do Miño Transfronteirizo.