25 octubre 2009

Sigue el periplo sudamericano de Rueda&Farjas


Buenos Aires, Argentina (MORRAZO-TRIBUNA) .- O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, participou hoxe no acto de celebración do 30 aniversario do Centro Galicia de Bos Aires, no que salientou a capacidade integradora e o espírito de superación da colectividade galega no exterior. O titular de Presidencia exemplificou estes atributos no Centro Galicia, “unha institución de referencia” xurdida hai trinta anos tras a fusión dos centros coruñés, lucense, ourensán e pontevedrés, un feito  de gran relevancia na diáspora galega que foi tomado como exemplo da necesaria tarefa integradora do tecido asociativo galego no exterior.
-




























“Sodes punto de encontro para a colectividade e, sen dúbida, motivo de satisfacción para todos”, destacou Rueda nun acto no que tamén estiveron a conselleira de Sanidade, Pilar Farjas; o secretario xeral de Emigración, Santiago Camba; o delegado da Xunta en Bos Aires, Alejandro López Dobarro; o ministro de Saúde da Cidade Autónoma de Bos Aires, Jorge Lemus; e os máximos representantes dos organismos da colectividade galega na cidade, como o presidente do Centro Galicia, José María Vila.

O conselleiro destacou o esforzo do Centro Galicia e en xeral de todas as agrupacións no exterior para manter unidas as comunidades galegas e para convertelas en auténticas unidades xeradoras de servizos no ámbito social, cultural e lúdico. ”A nosa emigración representa unha chamada modélica, unha herdanza incalculable”, salientou Alfonso Rueda ante os máis de 700 membros da colectividade que asistiron ao aniversario do Centro Galicia.

Con anterioridade, tanto o conselleiro de Presidencia como a conselleira de Sanidade realizaron un percorrido polas instalacións do Centro Galicia e asinaron no Libro de Ouro da entidade, da que forma parte o Colexio Santiago Apóstol de Bos Aires e que ten feito do deporte un vínculo de unión e de integración de todos os galegos na capital arxentina.