28 octubre 2009

Por fin saneamiento en el Miñor

-
Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA) .- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a licitación das actuacións de saneamento na desembocadura do río Miñor, no concello pontevedrés de Gondomar. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas realizará unha inversión de 1.100.000 euros nestas obras, que están incluídas  no Plan de Choque fronte á crise aprobado no Consello da Xunta do pasado 31 de xullo.


Cómpre salientar que ditas actuacións pretenden solucionar o exceso de augas pluviais e de filtración na rede, así como o exceso de caudal e pouca pendente da que dispoñen moitos tramos de colector. Estes puntos provocan que a EDAR, cuxo funcionamento é correcto, non poida asumir todo o caudal que recibe, agravándose o problema en tempo de choiva.

Obras a realizar
As obras contemplan a reconfiguración de dous colectores principais que conectan os núcleos existentes coa EDAR de Gondomar. Por unha parte, o primeiro colector enlaza na rede de saneamento existente no núcleo de Borreiros. Do total de 3.090 metros de colector, 508 son de 400 mm de diámetro, 409 de 500 mm, 838 de 630 mm e 1.332 de 800 mm. Por outra parte, o segundo colector enlaza coa rede de saneamento no lugar de Rapadouro, parroquia de Mañufe, cunha lonxitude de 338 metros e 400 mm de diámetro.

Os colectores citados sofren problemas de funcionamento hidráulico e infiltracións de auga procedente do río Miñor, polo que se cambiará o seu trazado para arranxalos. Así, conseguirase unha importante mellora na EDAR.

O prazo de execución establecido para o remate das obras é de 9 meses.