24 octubre 2009

Ante el clamor que pide una intervención
urgente en las pistas de Atletismo de Balaídos,
Lete Lasa convoca una comisión...


Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA) .- O secretario xeral para o Deporte convocou hoxe de maneira inmediata a Comisión do Atletismo Galego, que será a encargada de avaliar as necesidades que, en materia de infraestruturas, este deporte ten en Galicia e que se constituíu onte na reunión da comisión delegada da Federación Galega de Atletismo, que se reuniú en Santiago de Compostela.




A Comisión do Atletismo Galego nace por iniciativa da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta en colaboración coa Federación Galega de Atletismo, coa finalidade de facer un estudo detallado das necesidades que este deporte ten na nosa comunidade.

A creación desta comisión foi anunciada a pasada semana polo secretario xeral para o Deporte no transcurso da reunión que mantivo cos representantes do atletismo vigués para estudar a situación actual do estadio de Balaídos. Nesa cita, José Ramón Lete comprometeuse a realizar as xestións necesarias para a posta en marcha dunha comisión que o vindeiro xoves se reunirá por primeira vez.

A Comisión do Atletismo Galego estará formada por 18 persoas e será presidida polo secretario xeral para o Deporte. Nela están representados todos os estamentos deste deporte na nosa comunidade e tamén todas as provincias.

Na Comisión do Atletismo Galego están os membros da Comisión Delegada da FGA, ademais dos atletas da nosa comunidade que participaron nos Xogos Olímpcios de Pequín, David Gómez e Santiago Pérez, xa que Alesandra Aguilar non ten licenza por Galicia, e os adestradores Mariano García Verdugo, Santiago Ferrer e Afonso Ortega, que é o responsable nacional de fondo.

Á vez que a comisión comeza os seus traballos, José Ramón Lete encargou aos técnicos da Secretaría Xeral para o Deporte, que inicien unha serie de visitas polas diferentes instalacións atléticas que actualmente existen na nosa comunidade coa intención de que elaboren un informe de cada unha das infraestruturas.

Os membros da Comisión do Atletismo Galego son:

  1. José Ramón Lete Lasa. Secretario xeral para o Deporte.
  2. Isidoro Hornillos Baz (A Coruña). Presidente FGA  
  3. Manuel Teijeiro Valledor (Lugo). Vicepresidente (2º) da FGA e representante de atletas da provincia de Lugo. Idade: 58 anos. Foi durante 15 anos Presidente do Clubs San Fernando Lucus de Lugo.
  4. Victor Arufe Giráldez (Santiago). Representante de atletas pola Coruña. Licenciado en Educación Física e Profesor da Facultade de Ciencias da Educación (Universidade da Coruña). Idade: 34 anos. Actual Secretario Xeral da FGA.
  5. Ramón Touza (Pontevedra). Presidente da Sociedad Gimnástica de Pontevedra. Representante de clubs da provincia de Pontevedra. Idade: 66 anos.
  6. Margot Garnelo Merayo (A Coruña). Presidenta do club Riazor Coruña. Licenciada en Educación Física. Idade: 43 anos. Representante de clubs da provincia da Coruña.
  7. Sergio Gestido (Vigo). Presidente del Club Val Miñor. Representante de clubs da provincia de Pontevedra. 56 anos.
  8. Agustín González (Ourense). Presidente do club ADAS Campo de O Barco de Valdeorras. Presidente tamén da Agrupación Deportiva da súa comarca. Idade: 52 anos. Representante de clubs da provincia de Ourense.
  9. Marcelino Crespo. (Ferrol). Presidente do club Ría Ferrol Concepción Arenal (División de Honra Femenina). Idade: 58 anos. Representante de clubs da provincia de A Coruña.
  10. Francisco Nóvoa. (Ourense). Presidente do club Ourense Atletismo Academia Postal (División de Honra masculina e femenina). 68 anos. Representante clubs da provincia de Ourense.
  11. Julio Fernández Pérez (Ourense). Representante de adestradores. 72 anos. Licenciado en Educación Física
  12.  Eleuterio García Rodríguez (Vigo). Delegado da FGA en Vigo e representante de xuíces. Vicepresidente da FGA. 74 anos.
  13. José Luis Domínguez (Vigo). Arquitecto. Presidente do club Atetismo Femenino Celta. 49 anos.
  14. Mariano García Verdugo (Santiago). Entrenador.
  15. Santiago Ferrer (Pontevedra). Entrenador. Comisión técnica Federación Gallega.
  16. Alfonso Ortega. (Vigo). Entrenador. Responsable nacional de fondo.
  17. Santi Pérez. (Vigo). Deportista olímpico Pekín 2008.
  18. David Gómez. (Vigo). Deportista olímpico Pekín 2008.