24 octubre 2009

O Ifevi acollerá do 21 ao 23 de novembro
o salón Galiexpo Motor Show

VIGO (MORRAZO-TRIBUNA) - O tenente de alcalde, Santi Domínguez, anunciou hoxe que a quinta edición do Salón Galiexpo Motor Show terá lugar no Instituto Feiral de Vigo (Ifevi), do 21 ao 23 de novembro. O nacionalista afirmou que se trata dun salón “xa consolidado no tempo” que relaciona un dos sectores máis importantes da cidade como é o da automoción co espectáculo.

 “Pese a situación de crise actual, non podemos permitirnos o luxo de perder un evento como este”, sinalou o tenente de alcalde en referenza ás dificultades atravesadas para organizar o salón. Neste sentido comentou que nun momento de crise económica como a actual  o Concello debe priorizar os seus recursos para atender as prioridades da cidadanía, pero que o Salón “dá outro tipo de proxección ao Ifevi”.
Na presentación de Galiexpo, na que tamén participaron os responsables da organización Joaquín Portabales e Ricardo Gómez, a representante de Begano, María Troncoso, e o xerente do Ifevi, Arsenio Prieto, o nacionalista animou aos vigueses e viguesas a acudir ao salón “porque van a pasalo ben”. Asemade, expresou os parabéns á organización e animounos a seguir traballando “na mesma liña”.
O responsable da organización de Galiexpo, Joaquín Portabales, salientou o seu orgullo por ter un alcalde como Santi Domínguez, porque “puxo toda a alma en  para que este evento chegara a realizarse”. Fixo referenza as dúbidas para que o salón fora unha realidade “pero o tenente de alcalde sempre nos abríu as portas, polo que hoxe é un día moi especial”. Ao respecto coincidiu co tenente de alcalde en que se trata dun salón xa consolidado a nivel especial, “nun momento no que xa foron caíndo os de Barcelona e Madrid”.
Galiexpo contará coa representación de sectores como os accesorios para a personalización do automóbil, vechículos de competición, coches americanos, e recambios e compeñentes. Entre os espectáculos que se poderán ver figura o drifting, a condución extrema con coches de 400 caballos e stund de motos. O horario será o venres 20 de 10 a 20 horas, o sábado de 10 a 21 horas e o domingo 22 de 10 a 20 horas e o prezo, 5 euros.