24 octubre 2009

Lete Lasa pide al presidente de la Federación Española de Ciclismo lo que tendría que pedir a los organizadores del Tour y del Giro : otro que anda desnortado...


Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA) .- O secretario xeral para o Deporte de la Xunta de Galicia pediulle ao presidente da Federación Española de Ciclismo, Carlos Castaño, que apoie as xestións dos responsables do Xacobeo Galicia para estar presente nas tres grandes roldas deste deporte a nivel mundial, Tour de Francia, Giro de Italia e Volta a España.


Nunha reunión mantida na sede da Federación Española en Madrid, ambos dirixentes abordaron diferentes temas relacionados con este deporte en Galicia, especialmente asuntos do Xacobeo Galicia. José Ramón Lete fíxolle saber a Carlos Castaño o importante que sería para a nosa comunidade que o equipo volvese a disputar o Giro de Italia e especialmente estar presente no Tour de Francia, que é unha das aspiracións desta formación desde a súa posta en marcha.

Castaño comprometeuse a implicarse ante os organizadores das tres voltas, especialmente o Tour, para intentar que o Xacobeo sexa invitado, algo que sería moi importante para prolongar a existencia dun equipo que ten garantido o seu patrocinio ata o ano 2010.

José Ramón Lete e o presidente da RFEC tamén destacaron a gran actuación do Xacobeo na Volta a España, na que gañou a clasificación por equipos. Na reunión, o secretario xeral para o Deporte reiterou o compromiso do equipo e da Xunta na loita contra a dopaxe. Ambos dirixentes falaron da posibilidade de crear proxectos en común en colaboración coa Universidade de Santiago e a Axencia Española Antidopaxe.

A reunión tamén serviu para falar sobre aspectos de promoción e a necesidade de mellorar o velódromo de O Porriño, unha idea que o secretario xeral para ou Deporte ve con moi bos ollos xa que a instalación serviría para ser sede de diferentes programas de fomento do ciclismo nos que actualmente está traballando a Xunta de Galicia.