24 octubre 2009

Apoyo de Deputación a labor humanitaria


Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA) .-O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, José Juan Durán, fixo hoxe entrega a Asociación de Solidariedade de San Roque, de Salvaterra de Miño, unha axuda de 2.400 euros destinada a sufragar o desprazamento dun camión de axuda humanitaria cara a Ucraína.





Esta actuación que desenvolve a Asociación de Solidariedade San Roque, nace en 2008 coa fin de fomentar a solidariedade cos nenos dos orfanatos, con parálise cerebral, e todos aqueles necesitados, para paliar as súas necesidades básicas, sexan españoles ou estranxeiros, cunha especial atención a Ucraína, todo elo debido a que parte dos socios fundadores desta Asociación, coñecen de primeira man a precariedade na que se atopa a poboación con menos recursos no país, tanto os que viven na rúa desamparados, coma os que están en orfanatos ou en asilos. Nestes case non se conta cos elementos mínimos para vivir dignamente. Fáltalles roupa de cama, aseos, mesas, vaixela para comer, os nenos necesitan ropa, calzado, xoguetes para o seu desenvolvemento, material escolar, pupitres…
Un dos obxectivos da Asociación, consiste en recoller toda aquela donación, que socios ou persoas ou institucións que comparten a súa inquedanza, de forma desinteresada, lles entregan.
Para este envío preparou o seguinte material:
     -         170 colchóns
     -         70 cadeiras de colexio
-         35 mesas de colexio
-         22 caixas de pañais de adultos
-         9 cadeiras de rodas
-         15 andadores para adultos
-         4 mesiñas de noite
-         3 caixas de vaixela de cociña
-         1 colchón antiescaras
-         4 cadeiras de bebés
-         1 andador infantil
-         50 caixas de mantas
-         1 berce de viaxe para bebé
-         2 mesas de profesor
-         285 caixas de ropa
-         30 caixas de calzado
-         16 caixas de xoguetes
-         5 caixas de bolsos
-         10 caixas de utensilios de hospital novos
-         7 camas
-         1 caixa de esponxas
-         1 camiña xinecológica
-         1 bañeiras de bebé
-         1 bicicleta de neno
-         3 waters

     Todo este material será levado a Ucraína en camión e baixo a supervisión dos membros da Asociación, coa fin de asegurarnos e ter a certeza de que esta axuda chega ós necesitados e non quede requisada en dependencias aduaneras, nin sexa obxecto de tráfico nin de reventa.