24 octubre 2009

Se aviva la polémica política
entre PP y PSOE en Galicia


Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA) .- O Voceiro do PP, 
Miranda, afirma que o anuncio da querella do ex xefe de Sogama contra Alfonso Rueda e contra el non vai amedrentar aos populares á hora de esixirlle a Vázquez que explique o paradeiro dos 200.000 euros

"O entorno de Vázquez ameaza coa vía xudicial para zanxar o asunto do sobrecusto da sede de Sogama e evitar dar explicacións" 
·     Miranda advertiulle a Vázquez que non é de recibo que a sociedade galega teña que conformarse cuns dirixentes que pretenden solucionar por vía xudicial o que non se atreven pola vía política
·     Repetiu que se trata dun caso no que houbo ou neglixencia ou un un beneficio ilícito por parte de Vázquez ou dunha empresa ou partido político que este favoreceu
·     Aproveitou para indicar que o Consello Económico e Social deu o seu aval ao novo decreto eólico de Feijóo, que supón a fin dos procedementos de reparto de megavatios en alta mar


 O voceiro do PPdeG, Antonio Rodríguez Miranda, afirmou hoxe, en alusión ao anuncio da querella do ex xefe de Sogama, José Álvarez, contra Alfonso Rueda e contra el, que o entorno de Manuel Vázquez está ameazando coa vía xudicial para zanxar o asunto do sobrecusto de 200.000 euros na sede de Sogama e evitar así dar explicacións. Segundo o popular, a noticia da querella non vai amedrentar aos populares á hora de esixirlle ao ex titular da Consellería de Medio Ambiente que explique o paradeiro dos 200.000 euros que se pagaron de máis.

Miranda calificou de sorprendente que agora o ex xefe de Sogama ameace con querellas e retou a Manuel Vázquez a que sexa el mesmo o que teña a “valentía política” de presentar as querellas contra quen queira. Por outra banda, tamén lle advertiu que non é de recibo que a sociedade galega teña que conformarse cuns dirixentes que pretenden solucionar por vía xudicial o que non se atreven pola vía política.

Así mesmo, o popular lembrou que xa pasaron 120 horas desde que os populares lle requeriron unha explicación ao Manuel Vázquez que aínda non se produciu e, respecto a isto, repetiu, desde a solemnidade e a firmeza, que ou ben se trata dun caso no que houbo ou neglixencia ou un beneficio ilícito por parte de Vázquez ou dunha empresa ou partido político que este favoreceu.

Por iso, Miranda destacou que é políticamente correcto e lexítimo pedirlle a Vázquez explicacións do destino dos 200.000 euros desaparecidos que eran de todos os galegos e que non repercutiron en ningún servizo para eles.

O CES AVALA O NOVO DECRETO EÓLICO
Así mesmo, Miranda aproveitou para indicar que o anteproxecto de Lei para regular o sector eólico superou o trámite do Consello Económico e Social, que emitiu un dictame que lle permite á Xunta converter o texto en proxecto e remitilo de xeito urxente ao Parlamento para poñer fin a parálise herdada no sector.
O popular fixo fincapé en que o susodito dictame non emite crítica nin suxerencia algunha sobre os aspectos máis esenciais e sustanciais do anteproxecto, como o Canon, o Fondo de Compensación ou procedemento autorizatorio, feito que lle outorga ao novo modelo que defende a Xunta unha seguridade procedimental absoluta.
Segundo Miranda, grazas a isto rematáronse definitivamente os tempos nos que os megavatios se repartían en alta mar. "O modelo eólico de Feijóo queda lexitimado polo CES, demostrándose así, unha vez máis, que as medidas da actual Xunta son o que Galicia necesitaba".