27 octubre 2009

Otra promesa de la conselleira Mato :
sigue la política del vamos a hacer

-
Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA) .- A Consellería de Traballo e Benestar apoiará ás pequenas e medianas empresas (PEMES) de Galicia na implantación de sistemas de seguridade e saúde co obxectivo de lograr un mercado laboral máis seguro e ampliar a difusión social da responsabilidade de cada uno. A titular do departamento autonómico, Beatriz Mato, reiterou hoxe o seu compromiso de levar a cabo esta iniciativa na inauguración da Xornada Formativa da Campaña Europea sobre a Avaliación de Riscos celebrada en Santiago.


A conselleira destacou a importancia de difundir unha nova imaxe, que a introdución de modelos de seguridade nas firmas “xa non é un investimento de luxo, nin un obxecto para xerar un valor engadido á compañía porque é un dereito dos traballadores, unha obriga das empresas e unha responsabilidade tamén das administracións”.

Neste sentido, Mato afirmou que é preciso que “os protocolos de xestión da seguridade laboral sexan unha parte cotiá do desenvolvemento de cada empresa”.

A titular do departamento autonómico tamén sinalou que o Goberno galego traballará para difundir que “calquera relaxación nas medidas necesarias para garantir a seguridade no traballo, aínda que sexa para aforrar custes, é pan para hoxe e fame para mañá”. Por iso, resaltou que é necesario por a disposición das empresas e traballadores todas as ferramentas necesarias para avaliar e previr os riscos laborais.

Por último, Beatriz Mato avogou por loitar para acadar unha concienciación social sobre seguridade e saúde laboral e adecuar os sistemas de prevención dentro do funcionamento ordinario das empresas.

“O máis importante é unir esforzos, saír reforzados da crise e ter, cando remate, un traballo máis seguro e saudable”, rematou.