29 octubre 2009

O Porriño : el PP exige el fin del vandalismo en el polígono de Torneiros y que el Concello espabile

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA) .-O presidente do Partido Popular de O Porriño, Manuel Carrera, denuncia a pasividade e falla de actuación por parte do goberno local ante os actos de vandalismo que están a sufrir os veciños do polígono de Torneiros. O último dos acontecementos produciuse esta mesma madrugada, cara ás 03.00 horas, cando un grupo de persoas incendiaron cinco colectores do lixo e un vehículo estacionado. Neste sentido, dende o PP “solicitámoslle ao Concello unha maior presenza policial nesta zona onde xa é habitual que se produzan estes altercados”, explica Manuel Carrera.
Esta xa non é a primeira vez que o Partido Popular denuncia esta situación de indefensión e inseguridade dos veciños que alí habitan. “Non hai ningunha noite que non haxa carreiras de motos ou coches ou reunións de cuadrillas de mozos, e non tan mozos, producindo balbordo e non deixando descansar aos veciños”, sinala José Guerner, membro da executiva local do PP.
Xa non son queixas só dos populares senón que dos propios veciños, que levan anos demando ao Concello máis vixilancia e protección sen recibir resposta algunha. “Trátase dunha mostra de irresponsabilidade e desantención do goberno local, nunha situación que xa chegou ao seu extremo e o Concello debe tomar conta dela”, conclúe Carrera.