27 octubre 2009

Manifiesto de CC.OO. ante la manifestación
de este jueves en Vigo en defensa de la Sanidad Pública


A EXECUTIVA COMARCAL DA FEDERACION DE SANIDADE DE VIGO, ante a manifestación do vindeiro xoves día 29, quere manifestar o seguinte:

      1.- CC.OO., apoia a manifestación do día 29 en DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA, amenazada polo actual Goberno da Xunta de Galiza. O INTENTO DE PRIVATIZACIÓN DO FUTURO HOSPITAL DE VIGO E OS FUTUROS CENTROS DE SAÚDE TAMEN CON FINANCIACION PRIVADOS son o maior ataque a sanidade pública dende hai moito tempo.

       2.- A privatización, que de partida incrementa os costes finais de 250 millóns de € a 1.750 (os multiplica por 7) e previsiblemente ainda aumenten, só favorece a intereses minoritarios pero supón a apertura dun camiño que a medio plazo leva a incrementar os costes sanitarios, a perder calidade asistencial e probablemente ao copago.

       3.- A xunta ningunea unha vez mais a Vigo, outra vez mais o Partido Popular, fai ensaios privatizadores, algúns dos cales fracasaron no pasado como no caso de MEDTEC. Mentras mantén a Vigo, igual que en décadas anteriores no furgón de cola sanitario de Galicia. A principal cidade de Galicia, sigue por detrás de A Coruña e Santiago.
        Privatiza a Sanidade, merma os recursos e INCUMPLE a PROMESA ELECTORAL de CONSTRUIR 5 CENTROS DE SAUDE EN VIGO e non respecta a firma de contratar profesionais sanitarios na ATENCION PRIMARIA DE VIGO.