28 octubre 2009

El Bloque ve decepcionante el escurrir
el bulto del Gobierno Feijóo en el tema de las Cajas

-
Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA) .- O portavoz de Facenda do BNG, Fernando Blanco, criticou hoxe a “indefinición” do Goberno do PP sobre as caixas de aforros galegas, “nun escenario actual de fusións no que corren o risco de seren absorvidas por entidades foráneas”. 
Fernando Blanco dirixíase esta mañá no Pleno do Parlamento Galego á conselleira de Economía e Facenda para que informase da posición do Goberno da Xunta sobre o futuro das caixas de aforros galegas. 
Porén, o deputado do BNG cualificou de “decepcionante a resposta da Conselleira xa que a información que deu ao Parlamento Galego non é nada novo: indefinición e falta de postura”. 




“É imprescindíbel que que os centros de decisión permanezan en Galiza”


O deputado do BNG lembrou que “as caixas de aforros galegas recollen máis do 50% dos aforros dos galegos e galegas e conceden máis do 50% do crédito”. Por iso advertiu de que “o Goberno galego non pode ser un mero expectador ante o escenario actual de fusións e absorcións de caixas de aforros, porque nos estamos xogando nada máis e nada menos que a autonomía financeira de Galiza”. 


Ante esta situación, Fernando Blanco anunciou que no próximo Pleno do Parlamento Galego debaterase unha moción do BNG pola que se demanda que “en ningún caso os centros de decisión das caixas de aforros galegas saian fora de Galiza”. 


O deputado nacionalista considerou que “é imprescindíbel mandar esta mensaxe clara e nidia” polo que pediu que os demais grupos parlamentares “apoien esta iniciativa, porque é unha cuestión de País”.


“O BNG ten unha postura clara”


Fernando Blanco subliñou que “a diferencia doutras forzas políticas, a postura do BNG sobre as caixas de aforros é pública e coñecida”. 


Así, lembrou que “o BNG opúxose ao FROB porque entendemos que supón un baleirado das competencias de Galiza”. Asemade, salinetou que o BNG presentou unha proposta de Lei de Caixas de Aforros de Galiza, “para afondar na súa transparencia, democratización e para mellorar a súa coordinación coa Xunta de Galiza en beneficio da economía galega”.