26 octubre 2009

Inaugurado el VIII Memorial Filgueira Valverde


Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA) .- 
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, José Juan Durán, inaugurou hoxe no salón de actos do sexto edificio do Museo de Pontevedra, o VIII Memorial Filgueira Valverde, que o organismo provincial organiza conxuntamente coa Universidade de Vigo e Caixanova, promotores da Cátedra “Filgueira Valverde”.
Durán confirmou que, nesta ocasión, as conferencias programadas xirarán en torno ó tema “Reflexos da peregrinación e do culto a Santiago”, «tendo en conta que o profesor Filgueira tivo á cidade de Santiago e á peregrinación da que foi meta, con tantas e fecundas derivacións, como un dos eixos do seu denso labor investigador e que moitas das súas publicacións sobre a cidade compostelá e as consecuencias do culto ó Apóstolo seguen a ser a día de hoxe de imprescindible consulta».


Ademais, apuntou Durán, «a celebración en 2010 dun novo Ano Santo Compostelán preséntase como unha ocasión apropiada para volver reflexionar, actualizando os coñecementos, sobre algún dos temas que permanecen unidos ó maxisterio de Filgueira Valverde».
O programa do Memorial será o que sigue:
* O luns, 26, Ángela Franco, do Museo Arqueolóxico Nacional de Madrid, falara do “Acibeche compostelán e a peregrinación e o culto a Santiago”.
* O martes, 27 Xosé Suárez Otero, da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, tratará o tema “Peregrinación e comercio na Idade Media”.
* O mércores 28 disertará Ofelia Rey Castelao, da USC, sobre “O padroado de Santiago: orixe, desenvolvemento e consecuencias”.
* O xoves 29 a conferenciante será Yolanda Barriocanal, da Universidade de Vigo, que falará da “Iconografía de Santiago no gravado compostelán”.