27 octubre 2009

Crean la primera sociedad
gastronómica de O Condado

-
Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA) .- Varios habitantes do Condado acordaron a creación dunha sociedade gastronómica, na cal se realizarán diversas comidas e ceas con produtos do país e da tempada, ademais de aproveitar o momento para confraternizar.
Ademais de ter por obxecto de exaltación da amizade e do gusto pola boa comida e bebida dos produtos da terra, dende a Sociedade Gastronómica “Cachelos” se promoverán actividades culturais, preferentemente as relacionadas coa alimentación, a nutrición, a posta en valor dos produtos de tempada e a promoción da hostalería da zona, na que nun momento de crise como o que estamos atravesando precisan dun maior apoio para poder paliar os efectos da recesión económica.


A Sociedade Gastronómica “Cachelos”, que no momento da súa fundación conta xa con máis de vinte asociados, está aberta a todos os veciños e veciñas  que compartan o interese por un ocio saudable baseado nunha boa mesa e na boa compaña.

Germán Álvarez, presidente da Sociedade, comenta que para formar parte de Cachelos só hai que cumprir dous requisitos, “ser veciño/a do Condado ou ter unha propiedade no noso territorio, e disfrutar do bo xantar”.


Na primeira reunión “aproveitouse a ocasión para acordar o funcionamento e determinar unha directiva que prepare unha Asamblea - xantar nun local senlleiro da Comarca, degustando comida caseira e disfrutando de boa compañía e música”.
 
O nome desta Sociedade Gastronómica, “Cachelos” é unha homenaxe a un produto que paliou a fame nos tempos duros que viviron os galegos: “a pataca”. A infinidade de pratos que inclúen os cachelos como parte básica da elaboración e/ou acompañamento, da unha mostra clara da importancia que tivo e ten o prezado tubérculo na nosa dieta.


Álvarez anima a todos os veciños do Condado a participar na S.G. Cachelos, poñéndose en contacto no blogue; http://sociedadegastronomicacachelos.blogspot.com/ ou no correo sg.cachelos@gmail.com