29 octubre 2009

López Barxas, ahora metido a político en la Xunta, da unos cuantos elogios a la figura de Valle Inclán que tanto cuida la Deputación de Pontevedra

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA) .-Tras asistir na Deputación de Pontevedra á reunión do xurado que fallou o premio Valle Inclán, o director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, enxalzou a súa figura como “fabulador e creador de personaxes que perviven cunha forza única e misteriosa no noso imaxinario, no imaxinario de cantos aquí estamos, no de toda a sociedade que o le ou o escoita subxugado por un máxico recendo que non somos quen de explicar, que nunca o seríamos de repetir. “Un xenio singular, personaxe único, artista sublime, orixinal”, resumiu.




Na homenaxe floral en Vilanova de Arousa no aniversario do nacemento de Valle Inclán, organizado polo concello e a Deputación de Pontevedra, Francisco López eloxiou a singularidade e excepción do xenio de Vilanova de Arousa insistindo en que “xa non hai artistas como os de antes porque algunha razón haberá para que xa non se repitan, para que saibamos ademais que non se van repetir figuras como a de Don Ramón del Valle Inclán”. “Xa nunca máis haberá outro don Ramón del Valle Inclán”, finalizou.


Respecto a súa escritura e a visión que adoitaba presentar da realidade, Francisco López apuntou que de Valle Inclán “quédanos o recordo, a obra, a imaxe impactante, a frase fermosa, adecuada, a humanidade agochada na miseria ou na crueldade, a forza dun Deus nitscheano, alleo ó sufrimento, artista sempre sen embargo nas máis duras ou nas máis débiles das súas criaturas, das súas invencións”. O director xeral de Promoción e Difusión da Cultura cominou que detrás de todo este legado deixado polo escritor arousán “é onde aínda podemos atopar ao propio Valle Inclán, como unha invención máis da súa fantasía, como a mellor e máis grande das súas creacións”.


Finalmente, Francisco López, lembrou a pegada da obra de Valle Inclán que non deixa indiferente de ningún modo a aquel que o le,  “todos cantos en certo modo deixamos de ser os mesmos despois de lelo sabemos perfectamente porqué. E esta convicción interna, este sentimento de admiración agradecida estou seguro é compartido por cantos hoxe estamos aquí”, rematou.