24 octubre 2009

La Xunta pulsa la realidad de
los propietarios de los balnearios gallegos


Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA) .- O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela e o titular de Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez reuníronse cos representantes da Asociación Galega da Propiedade Balnearia co obxectivo de afianzar a relación entre ambas institucións e de avanzar nas liñas de traballo abertas de cara a impulsar o sector termal en Galicia. No encontro mantido esta tarde no Hotel Balneario Caldaria de Arnoia, os responsables das Consellerías de Cultura e Educación afrontaron cos membros da Asociación Galega da Propiedade Balnearia os puntos centrais para unha futura acción conxunta de cara a posta en valor da rexión xeotérmica máis importante de España, cunha vintena de balnearios e de centros talasoterapéuticos e mais de 300 mananciais.

   

 Entre outras propostas, no transcurso da reunión cualificada como moi frutífera analizáronse as iniciativas previstas para progresar no turismo de saúde galego e na divulgación do turismo termal da Comunidade fóra das nosas fronteiras. Neste sentido, abordouse a futura internacionalización da campaña termal para estender o termalismo galego a todo o mundo, un proxecto no que a Secretaría Xeral para o Turismo xa vén traballando na consolidación e internacionalización da plataforma Balnegal e na posta en marcha de accións encamiñadas a potenciar a investigación neste campo e  de actividades académicas relacionadas.

O potencial do termalismo galego será un dos eixos centrais nos orzamentos da Consellería de Cultura e Turismo, que abrirá unha liña de axudas para incentivar o investimento neste sector de actividade por un importe de 3 millóns de euros. O impulso do potencial que posúe o  sector termal galego supón unha das apostas fundamentais da Consellería de Cultura e Turismo a partir das cifras que cualifican a Galicia como a rexión xeotérmica máis importante de España e líder destacado en oferta de estacións termais en todas as tipoloxías de oferta.

Actividades implementadas
A colaboración entre a Xunta de Galicia e os representantes do sector termal acadou un punto de inflexión coa incorporación de novidades como a posta en marcha dun centro de negocios virtual, o incremento da presenza de delegacións de empresarios e profesionais de países como Hungría, Chile, México, Arxentina....e a creación, asemade, dun Área de Saúde como plataforma para algúns dos avances da hidroloxía médica.
Esta nova concepción do termalismo como base do Turismo de Saúde referéndase cunha ocupación do 65,92 % no agosto deste ano, máis dun 50% de prazas hoteleiras termais con catro ou máis estrelas e seis balnearios de vinte posibles que locen a Q de calidade turística.