29 octubre 2009

Mar quiere cuentas claras en el Consello Regulador do Mexillón de Galicia

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA) .-A Consellería do Mar, a través da súa Secretaría Xeral, remitiu hoxe ao Consello Regulador do Mexillón de Galicia un fax a través do que se lle comunica que se vai proceder á realización dunha auditoría externa e independente co fin de coñecer a situación financieira e patrimonial do órgano de xestión do molusco amparado baixo a Denominación de Orixe Protexida.
Dende a Consellería do Mar tomouse esta decisión logo de ter solicitada en ocasións reiteradas distinta información relativa ao estado das contas do Consello e que foi remitida de xeito incompleto.


Entre outra, solicitóuselle ao Consello Regulador, información referente ás contas anuais e actas das reunións dos catro últimos anos, a relación de persoal ao cargo do Consello e mais o estado de execución dous convenios asinados en 2009. Estes convenios entre o Consello Regulador e maila extinta Consellería de Asuntos Marítimos rematan este ano. O primeiro ten por finalidade a dotación de medios para emitir documentos de rexistro de moluscos bivalvos vivos e transmisión telemática de datos e, o segundo, impulsar a denominación de calidade e promocionar o produto.


Ao detectar posibles irregularidades na información solicitada (e que foi parcialmente remitida) e ante a imposibilidade de coñecer a partir dela a realidade financeira e patrimonial do Consello Regulador, a Consellería do Mar decidiu solicitar unha auditoría externa e independente que aclare a súa situación financieira e patrimonial.