28 octubre 2009

Una exigencia de absoluta justicia



VIGO : A FAVEC anima a toda a cidadanía 
a acudir á manifestación polo hospital público

Baixo o lema “Hospital Público Xa!!!” a manifestación sairá desde o cruce de Gran Vía con Urzáiz, mañá xoves 29 de outubro ás 20 horas
A Federación Veciñal “Eduardo Chao” como membro da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Vigo, anima á cidadanía a saír á rúa en apoio a que o novo hospital, tan necesario en Vigo e a súa área metropolitana, sexa unha realidade canto antes, que non se cambie o proxecto orixinal xa consensuado nin se reduza ningunha das súas prestacións, así como para defender que sexa un hospital público e que se faga con financiación pública.
É hora de facermos entre todos e todas forza conxunta a fin de que o cuarto hospital sexa o hospital de referencia, se convirta en realidade de xeito inmediato e conte con todas as garantías para unha sanidade pública e de calidade.