29 octubre 2009

Guerra a los pezqueñines

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA) .- O Servizo de Gardacostas, dependente da Consellería do Mar, comisou esta madrugada  na lonxa da Coruña 208 quilos de lirio pequeno por non acadar a talla regulamentaria.
Nun operativo desenvolvido onte no porto de Tragove, os Gardacostas requisaron 40 quilos de centolo debido a que este crustáceo se atopa en época de veda. A Consellería do Mar lembra que o centolo permanece vedado ata o vindeiro 23 de novembro.
Froito doutra intervención levada a cabo onte en Corme, os axentes embarcados na Paio Gómez Chariño, incautaron 132 nasas de polbo por estar sen identificar e caladas en zona prohibida, posto que se atopaban fondeadas na zona das bateas.
Por último, en Noia, os operativos incautaron antonte unha embarcación da “sétima lista” ao carecer da documentación pertinente e dos permisos de explotación correspondentes.