24 octubre 2009

Carme Adán ve discriminado el Baixo
Miño en los presupuestos de la Xunta


 Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA) .- A deputada do BNG no Parlamento Galego pola provincia de Pontevedra, Carme Adán, denuncia que os Orzamentos da Xunta de Galiza para o 2010 “son claramente discriminatorios para o Baixo Miño”.


Carme Adán ofreceu esta tarde unha rolda de prensa en Tui xunto co responsábel comarcal do BNG, Xosé Manuel Méndez. Ámbolos dous denunciaron que “o Goberno do PP marxina o Baixo Miño nos orzamentos da Xunta para 2010, xa que mesmo paraliza proxectos que xa estaban en marcha en varios concellos da comarca”.

Así, a deputada do BNG criticou “a escasísima asignación para proxectos tan importantes como o polígono empresarial de Tomiño e A Guarda, elimínanse partidas comprometidas polo anterior Goberno para a piscina municipal de Tomiño ou para o campo de bolos celtas, ou non aparece nada consignado para o colector de Carregal-Torrón”.

Ademais, Carme Adán criticou a supresión do Plan Sectorial de Vivenda, “que era fundamental tanto para A Guarda como para Tomiño”, ou a ausencia  de partidas para proxectos culturais na comarca, como para a fortaleza de Goián.

No ámbito social, advertiu de que “non hai orzamentos para os equipos de igualdade que daban cobertura para toda unha zona onde non existen recursos para a igualdade, como é o caso de Tui e Tomiño”.

Asemade, criticou “a supresión dos programas para axuda ás redeiras, un sector profesional con moita importancia na Guarda”.

Por último, Carme Adán denunciou que a partida máis salientábel dos Orzamentos do Goberno do PP para a comarca, a destinada á autovía Tui-A Guarda, “é unha cantidade claramente insuficiente para que a obra se poida concluir e entrar en servizo nun prazo razoábel”.