29 octubre 2009

Sigue la merienda de negros
del bajo coste y los aeropuertos gallegos

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA) .- A portavoz de Turismo do BNG no Parlamento Galego, Carme Adán, considera que “as cidades de Santiago, Vigo e A Coruña quedan totalmente desasistidas para captar aeroliñas de baixo custo, tal e como se desprende a resposta que o Conselleiro de Cultura e Turismo deu esta tarde no Pleno do Parlamento Galego”. 


Carme Adán asegurou que “a resposta do conselleiro déixanos con moita preocupación, porque non dixo nada de nada”. 
“Non confirmou se a Xunta de Galiza vai apoiar o mantemento das actuais liñas de baixo custo, se as vai suprimir, o que nos indica que lles da igual que no vindeiro ano Xacobeo 2010 os peregrinos entren por Porto que por Compostela”, advertiu a deputada nacionalista. 


“Para o Goberno do PP os concellos non pintan nada”


Ademais, a parlamentaria do BNG denuncia que “o Goberno do PP non vai ter en conta, como punto de partida, as propostas dos concellos, ou o que é o mesmo, non garante para nada o mantemento das liñas de baixo custo”. 
Carme Adán considera que “con este xeito de actuar, o Goberno de Feijóo ningunea aos concellos da Coruña, Vigo e Santiago, que quedan totalmente desasistidos para captar aeroliñas de baixo custo”.