-
Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA) .- O Partido Popular de Redondela pedirá explicacións sobre os motivos que levaron a tomar a decisión de abandonar o proxecto de construción do novo auditorio da marisma, anunciada polo alcalde no último pleno municipal.
“Levamos anos escoitando dicir a Xaime Rey que o auditorio non era un proxecto senón unha realidade, e agora informa que toda a inversión realizada ata o momento non serviu de nada”, explica o concelleiro popular Alberto Pazos.
Estamos ante un novo incumprimento do bipartito de Redondela. Neste caso o informalidade é aínda máis grave se cabe, “despois de incluir fotografías virtuais no programa socialista ou pasear á ex conselleira María Xosé Caride pola vila para vendernos un proxecto que xa fora licitado e que finalmente quedarase nunha nova mentira do alcalde aos redondeláns”, sinala Pazos.

