27 octubre 2009

Conselleiro Varela llama a la ciudadanía
para que arrime el hombro en el Xacobeo que viene

-
Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA) .- O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela compareceu hoxe a petición propia no Parlamento de Galicia para informar sobre as liñas programáticas do Xacobeo 2010. Na súa intervención, o conselleiro transmitiu a necesidade da “implicación de todos: cidadáns e poderes públicos, forzas sociais e entes privados para que poidamos afrontar xuntos este inmenso reto coa forza imparable do esforzo común”. Roberto Varela aproveitou a ocasión para agradecer o interese e xenerosidade de cidadáns e institucións que ata o de agora materializouse nas máis de 700 propostas recibidas pola Comisión de Avaliación de Proxectos do Xacobeo e que se atopan en proceso de selección.


No plano da situación económica-financieira, un Xacobeo verdadeiramente ambicioso como o que se formula require da “colaboración activa do sector privado” como motor e dinamizador da economía galega. O conselleiro de Cultura e Turismo recoñeceu o “sincero e estreito compromiso do sector privado coa nosa cultura” e destacou, neste sentido, os avances na captación de financiamento que se traduce xa na confirmación “dunha ducia de socios, patrocinadores e colaboradores” que elevan a cantidade recadada ata os 6 millóns de euros en achegas, na que suman “entidades punteiras en Galicia, en España e no Mundo que constitúen un referente nos seus respectivos sectores”. Segundo o conselleiro, trátase dunha “cifra nada desdeñable para a actual conxuntura económica e que é resultado exclusivo do traballo realizado por este goberno nos últimos meses, posto que o bipartito tampouco deixou feito nada de nada neste campo”.

Roberto Varela engadiu que aínda se agarda o incremento das aportacións económicas “unha vez pechadas as negociacións de patrocinio en marcha con máis de 20 entidades privadas” ao marxe do resultado dos traballos de captación das empresas gañadoras do concurso aberto pola S.A. de Xestión do Plan Xacobeo. O conselleiro valorou o traballo do departamento neste campo como “óptimo”.