27 octubre 2009

723 familias optan ás axudas ao consumo no comercio vigués que convocou a Tenencia de Alcaldía de Vigo

-
Vigo (MORRAZO-TRIBUNA) .-Un total de 723 familias de Vigo presentaron as solicitudes para optar ás axudas ao consumo destinadas a activar o pequeño e mediano comercio a través de subvencións ás persoas con menos recursos económicos. Os gastos subvencionables mediante esta convocatoria de Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Comercio corresponden a necesidades básicas como vestiario, calzado, óptica, librería e material deportivo.

As bases da subvención establecían unha axuda máxima de 600 euros por familia para un máximo de mil solicitantes, pero dado que o número de unidades familiares que presentaron as solicitudes é de 723, o total da partida presupuestaria consignada para este programa repartirase entre os beneficiarios. Deste xeito, as axudas que percibirá cada familia superará os 600 euros.
A Tenencia de Alcaldía, a través da Concellería de Comercio, destina 1.200.000 euros a esta liña de axudas neste exercicio 2009 e no primeiro trimestre de 2010 novamente haberá un proceso de solicitude de axudas de outros 600 euros mensuais para 1.000 familias.