25 octubre 2008

Homenaxe ao párroco falecido
de Santa María de Alba


PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- A Escola de Canteiros da Deputación de Pontevedra instalou este venres unha escultura que representa ó anterior cura párroco da parroquia de Alba, Juan López Souto (1973-2007 +), na Igrexa de Santa Maria de Alba( Pontevedra). A escultura foi financiada por unha comisión de feligreses.
Representa ó cura con roupa de rúa e alzacuellos, sentado no banco de pedra da casa reitoral, nunha actitude que habitualmente tiña (un cigarro na mán esquerda).
O cura morreu o 25-10-2007 . E os veciños inaugurarán a súa estatua o 25 de octubre 2008 (este, sábado) á saida do funeral de aniversario, aproximadamente sobre as 18,45 horas.