MADRID (MORRAZO-tribuna) .- Este mediodía o BNG e o grupo socialista rexistraban no Congreso dos Deputados o paquete de emendas conxuntas aos Orzamentos Xerais do Estado 2009 que supoñen 125 millóns de euros máis para Galiza. Este aumento orzamentario é froito da negociación que o BNG mantivo co Goberno para respaldar as contas estatais e que significa melloras orzamentarias en infraestruturas ferroviarias e estradas como os accesos ferroviarios aos Portos Exteriores, en Innovación, en Cultura, en Medio Rural, na rexeneración do litoral, e inclúe Consorcios con concellos.
O portavoz do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, amosou “a nosa satisfacción polo conseguido porque vai permitir una mellor distribución territorial do gasto. O aumento orzamentario vai atender unha serie de necesidades que non estaban ben cubertas no proxecto inicial de Orzamentos presentado polo Goberno na Cámara”. Engadiu que “cremos que despois da negociación co Executivo os orzamentos resultantes son moi positivos para o pais”.
Sinalou tamén que “de cara a cidadanía galega, o noso apoio aos Orzamentos estatais despois de acordar melloras para Galiza, vése como positivo. Seguro que moitos galegos e galegas se sinten orgullosos porque Galiza sexa determinante na política do Estado en algo tan importante como os Orzamentos estatais. Hoxe podemos afirmar que o nacionalismo galego ten capacidade de influencia real”.
A DISTRIBUCIÓN DOS 125 MILLÓNS
FOMENTO
Infraestruturas ferroviarias:
No capítulo referido aos investimentos do departamento de Fomento, o BNG acordou no concerniente ao Eixo Atlántico ferroviario o seguinte:
- 20 millóns para o tramo entre Vigo e Pontevedra
- 15 millóns para o tramo Ferrol-A Coruña
- 6 millóns para o tramo Vigo-fronteira portuguesa
Respeito ás conexións ferroviarias cos portos Exteriores de A Coruña e Ferrol hai 1 millón de euros para cada un dos proxectos.
No relativo ao LAV Ourense-Lugo inclúese 1 millón, e para o LAV Lugo-A Coruña 1 millón.
Estradas:
Na parte adicada ás estradas o BNG introduciu no pacto os seguintes aumentos de partidas:
- Convenio de colaboración entre o Concello de Pontevedra e Fomento para a mellora das estradas no concello pontevedrés: 6,8 milllóns
- A-54 Tramo Labacolla-Arzúa: 6 millóns
- A-57. Conexión A-52-Pontevedra: 3 millóns
- AC-14. Tramo As Lonzas-Zapateira: 2,4 millóns
- Ponte Nova Aceña sobre río Cabe (Monforte): 2 millóns
- N-540.Nova Ponte Miño en Lugo: 1,5 millóns
- Acceso aeroporto Peinador desde AP-9: 1 millón
- A-54.Tramo Arzúa-Palas de Rei: 1 millón
- Convenio co Concello Carballo para a construcción da ronda de circunvalación enlace Santiago, polígono e Fisterra: 1 millón
- N-640. Variante A Estrada: 800.000 euros
- Desdobramento Ronda Norte Lugo: 700.000
- Melloras N-634 tramo Mesía-Vilasantar: 600.000
- N-550. Variante Ordes: 500.000
- Variante O Milladoiro-Santiago N-525: 500.000
- Transformación estación intermodal Santiago: 500.000
- Conexión A-52 co parque empresarial Val da Rabeda: 500.000
- Conexión Confurco coa A-52. 500.000
- Corredor de San Cibrao-Barreiros Conexión coa A-8: 500.000
- Estudo de acceso desde a A-52 aos parques industriais de San Cibrao das Viñas e O Pereiro: 500.000
- Novo acceso AP-9 no polígono de Vidrieiro en Campolongo (Pontedeume): 400.000
- Melloras N-120 Monforte: 400.000
- Carril vehículos lentos tramo Lalín-Ponte Ulla N-525: 300.000
ECONOMÍA: Consorcio concello Santiago
Neste apartado, o BNG negociou unha cifra de 3 millóns para a transferencia corrente ao Consorcio “Cidade de Santiago de Compostela”.
MEDIO RURAL: Desenvolvemento rural Galiza
Ademáis, os nacionalistas galegos lograron incorporar no acordo co Goberno unha partida de 18 millóns para o Desenvolvemento rural de Galiza
VIVENDA: Convenio concello Carballo
Na cuestión de vivenda, o BNG incluiu no acordo unha partida de 800.000 euros para o Convenio co concello de Carballo para a construcción dun novo mercado municipal de abastos.
INDUSTRIA: Desenvolvemento tecnolóxico
Os nacionalistas galegos acordaron co Goberno a inclusión de 3 millóns de euros para a Fundación para o Fomento da Calidade e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galiza.
MEDIO AMBIENTE: rexeneración litoral e saneamento augas
No ámbito medioambiental, o BNG acordou os seguintes incrementos orzamentarios:
- Plan Nacional Calidade Augas saneamento Teo: 3 millóns
- Encauzamento do río Fonteliño en O Porriño: 1,5 millóns
- Plan Nacional Calidade Augas saneamento Tomiño: 1,5 millóns
- Restauración marxes das concas afluentes Miño en Lugo: 1 millón
- Rexeneración da Ría de O Burgo: 1 millón
- Acondicionamento franxa litoral Tragobe en Cambados: 800.000 e
- Mellora ambiental praia Moaña: 500.000 euros
- Mellora do entorno Parque Náutico de Galiza en Castrelo de Miño: 500.000 euros
- Rexeneración de Xunqueiras do Caramiñal en A Pobra: 500.000 e
- Proxecto de acondicionamento do dominio público marítimo terrestre en Lourido. San Salvador de Poio: 400.000 e
- Senda peonil na praia de Mañóns, Abanqueiro, en Boiro: 400.000e
- Rexeneración borde litoral Vigo (A Guía e Alcabre): 400.000 euros
- Recuperación espazos praias de Limens, Nerga, Cabo de Home en Cangas: 300.000 euros
- Mellora ambiental praia Agrelo-Praia de Lapamán en Bueu: 200.000 e
CULTURA:
Neste eido, o BNG negociou a inclusión nos Orzamentos das seguintes partidas:
- 2,5 millóns para a Xunta en actuacións de restauración
- 2 millóns para o Convenio coa Xunta para a construcción do Centro Coreográfico Galego
- 2 millóns para o Convenio co Concello de Ourense para a segunda fase do “Proxecto das Burgas”.
- 1,2 millóns para o Convenio coa Xunta para equipamento de bibliotecas nodais.
- 1 millón para o Concello de A Coruña para restauración e musealización Torre de Hércules
- 1 millón para o Convenio co Concello de Ourense para actuacións de
mellora do río Barbaña (Ourense)
- Transferencia de capital ao concello de Allariz (Ourense) para o Centro de Interpretación da Historia Medieval: 500.000e
- Ao Concello de Pontevedra para a musealización do Museo de Pontevedra: 500.000e
- Convenio co Concello de Muros para mercar o edificio do antigo cine “Paris” e a súa conversión en Auditorio Municipal: 400.000e
- Plan Director do Castelo de San Felipe (Ferrol): 300.000e
- Convenio co Concello de Allariz para realización do “Corredor Rio Arnoia”: 300.000e
- Descripción e restauración de fondos medievais galegos existentes no Arquivo Histórico Nacional: 150.000e