SALVATERRA (MORRAZO-tribuna).- O Partido Popular de Salvaterra votou en contra dunha moción presentada polo BNG onde se pedía que o diñeiro que tiña que poñer o concello para a construción da pasarela da Illa da Fillaboa se destine ao saneamento no Casal-Salvaterra e se solicite da Deputación o cambio orzamentario da partida económica para poder destinala ao saneamento das parroquias.
Nas declaracións feitas polo alcalde Arturo Grandal aos medios de comunicación, Grandal - segun refere o Bloque- "míntelle aos veciños e veciñas de Salvaterra afirmando que o diñeiro que non invirte o concello na construción da pasarela da Illa da Fillaboa o vai a destinar ao saneamento nas parroquias", advirte o nacionalista.
Gabriel Martínez, portavoz do Bloque Nacionalista Galego de Salvaterra informaba este sábado que "Arturo Grandal e o seu equipo veñen de presentar unha modificación orzamentaria, expediente 21/08, onde destinan o diñeiro da pasarela da Illa da Fillaboa a pagar obras que xa están feitas, algunhas delas, antes das eleccións municipais e que están sen pagar por non contar con diñeiro o concello (Auditorio parque da Canuda, instalación de internet, pista polideportiva de Uma, etc, obras por importe de 238.695,48 euros), e así evitar as raclamacións das empresas polos intereses de demora".
Para o BNG estes feitos demostran que "Arturo Grandal e o grupo municipal do PP enganan aos veciños/as para ocultar a súa incapacidade a hora de gobernar o concello de Salvaterra e levar a cabo proxectos".
Martínez, lamenta que "polo momento Salvaterra non terá pasarela para a Illa da Fillaboa e o concello pagará á empresa máis de 100.000 euros do diñeiro público producindo que se agrave todavía máis a situación económica do concello".