PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, José Juan Durán fixo hoxe público o seu malestar ante “as continuas acusacións da Directora Xeral de Protección Civil acerca da participación da Deputación de Pontevedra nos novos Parque de Bombeiros”.
Na súa comparecencia, Durán lamentou “que se dedique a facer campaña electoral con esta rolda de visitas a municipios, convertendo a Dirección Xeral que ostenta nunha ferramenta ó servizo da estratexia política do Partido Socialista, moi afastada do contido de asistencia e xestión que se lle supón nunha materia tan sensible como é a da seguridade dos cidadáns”.
Neste senso, o vicepresidente engadiu que “minte a sabendas cando di que non ten contestación desta institución provincial, xa que desde que a finais de abril deste ano representantes das catro Deputacións Provinciais se reuniran co conselleiro José Luis Méndez Romeu e con ela mesma para plantexarlles unha serie de propostas, foron eles quen se comprometeron a dar unha resposta no mes de xuño, que aínda seguimos a agardar. En lugar diso, todo o que recibimos foron descalificacións e insultos, un comportamento moi edificante a nivel institucional.
“A Xunta”, recordou Durán, “puxo en marcha a Lei de Emerxencias Galega e constituíu a devandita Axencia Galega de Emerxencias sen contar coas Deputacións, a costas das Deputacións, e agora nos piden colaboración. De esta Axencia non se coñece a utilidade, aínda que si os seus gastos en materia de persoal e altos cargos: máis de dous millóns de euros o pasado ano que foron destinados en camións de emerxencia para os concellos, designados sen ningún criterio nin dispositivo organizativo, sen esquecer que tamén a planificación da Axencia por parte da Xunta deixa moito que desexar: dunha parte, presentando propostas sen elaborar estudos previos, e agora, coa directora xeral de Protección Civil pedindo apoios sen aportar ningunha clase de datoE.
O vicepresidente provincial aclarou que “a Lei de Emerxencias Galega establecía que en seis meses a Xunta elaboraría un Plan Director Contra Incendios e de Salvamento, e aínda non temos noticias del”.
Distinto raseiro
Por outra parte, Durán puntualizou que “hai unha Deputación en Galicia, non gobernada polo Partido Popular, que un ano e medio despois das eleccións sigue en trámites para crear o consorcio provincial. Tendo en conta as declaracións en que a Directora Xeral de Protección Civil acusa de lentitude á Deputación Provincial de Pontevedra, parece que ve a palla no ollo alleo, e non a viga no propio”.
“En definitiva”, concluíu Durán, “consideramos que a Directora Xeral de Protección Civil está a actuar coma activista política do PSOE e non como xestora da acción dun goberno nunha materia vital como é a da seguridade”.
O vicepresidente rematou a súa intervención apuntando que “creo que á directora de Protección Civil lle conviría pensar dúas veces as cousas antes de facer esas declaracións”, ó tempo que lle recomendou “que se dedique a desenvolver o seu traballo sen facer política de partido, e cumpra os compromisos que adquire”.