VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O BNG lamenteou este domingo profundamente esta tráxica nova e quere sumarse á lembranza desta galego-arxentina que deixa un legado impresionante de coherencia, dignidade e loita incansábel. López Amado morreu ás 19.00 horas do sábado en Bos Aires coa idade de 80 anos, tras ser internada no hospital o pasado luns.
Dionisia emigrara de Cedeira en 1952 co seu marido e co fillo de cinco meses, Antonio, quen foi secuestrado aos 24 anos coa sua nora Stella, polos no período do terrorismo de Estado practicado pola ditadura arxentina. Eprendeu unha loita incesante na busca do seu fillo percorrendo comisarías, cuarteis e campos de internamento sen ter resposta, para implicarse posteriormente na loita das Nais da Praza de Maio para buscar aos seus fillos desaparecidas. Era chamada "a galega da zona norte" por residir na zona do Tigre, onde era na actualidade a Presidenta honoraria da Comisión pola Memoria, a Verdade a Xustiza de Zona Norte.
Dionisia participou sempre en todas as causas onde foi reclamada, colaborando con entidades de defensa dos dereitos humanos. Tamén fixo parte das actividades da colectividade galega e militaba na organización da diáspora do Bloque Nacionalita Galego
Ana Miranda, responsábel da comisión de Migración, lémbraa como unha “muller de sorriso permanente e de caracter afábel”. “Dionisia era querida por moita xente en moitos lugares do mundo. Marchou sen saber onde estaba seu fillo, pero foise querida e sen desexar vinganza cara aos culpábeis, porque tal como ela afirmaba non sabía nen quería odiar, asegura.