VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- Profesores dos conservatorios profesionais e superiores de Galicia de distintas especialidades están a participar nestas datas no proxecto Musicianship, promovido pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Esta iniciativa enmárcase nos proxectos de mobilidade Leonardo da Vinci 2008, e conta cun investimento de 35.579 euros, dos cales 22.350 son achegados pola Axencia Leonardo, e 13.229 pola Administración educativa galega..
En total, 19 profesores dos conservatorios profesionais e superiores de Galicia están a formarse en distintas institucións musicais europeas: The FryderikChopin Academy, en Varsovia (Polonia); Azeps Vitols Latvian Academy of Music, en Riga (Letonia), Orchestre Lyrique de Region Avignon-Provence, en Aviñón (Francia), no Conservatorio de París, e en Eurotraining, Padua (Italia). As estadías teñen unha duración dunha semana, e estanse a desenvolver desde o 17 de novembro ata o vindeiro 13 de decembro.Os obxectivos deste proxecto son mellorar as competencias profesionais dos beneficiarios no referido ao coñecemento de centros similares de ensinanza e centros profesionais, así como os seus coñecementos lingüísticos e culturais, para ampliar as súas relacións e entrar en contacto coas realidades deste sector noutros países europeos.