VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- A Deputación de Pontevedra presenta este luns, 15 de decembro, ás 19:00 horas, no Museo Marco de Vigo, “Biscuit. Revista de arte e pensamento”, editada polo Servizo de Publicacións da institución provincial.
A vicepresidenta da Deputación, Corina Porro, será a encargada de presentar esta nova publicación e estará acompañada pola responsable de comunicación do Museo Marco, Marta Viana, e a coordinadora da revista, Cristina Prego. O acto estará amenizado polo grupo “Sulxeitos”, formado polos músicos Isaac Garabatos e Jesús Andrés, xunto con Uxía Blanco.
Ante a proliferación dos cada vez máis orixinais xeitos do facer artístico, das novas formas de expresión -das que dan fe as Bienais de Pontevedra dende o ano 1969- fronte á diversidade de pensamentos enmarcados nun espazo sen fronteiras físicas e ante as recentes propostas de redes virtuais de creación e difusión a Deputación quere abrir unha nova liña editorial onde o mundo da arte pode atopar a súa canle difusora.
Así mesmo “Biscuit” ten outro compromiso con Galicia: amosar e promover o seu quefacer no ámbito internacional.
Este número cero se estrease con reportaxes tan variados como “Cultura e barbarie na Galicia do século XXI “, de Ignacio Castro; “Escritos dun sonámbulo”, de Antón Patiño; “Art wars”, de Hugo Covelo e outros moitos.