VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, asinou hoxe un convenio de colaboración co vicepresidente da Fundación Juana de Vega, Vicente Arias, e co xerente da empresa vilagarciá Trading House Amodia S.L., Luciano Martínez, que posibilitará a realización dun proxecto de investigación sobre diversas propiedades do kiwi.
Os obxectivos deste estudio serán cuantificar os efectos da modificación de tres factores (a exposición do froito, o método de fertilización e o sistema de condución do kiwi) sobre diversas propiedades cualitativas do produto (materia seca, almidón e acidez), para establecer as condicións óptimas de manexo e produción. Paralelamente tratarase de controlar a resposta ás variables citadas na evolución das propiedades químicas da planta e o froito (nitróxeno, potasio, calcio e magnesio) para establecer os niveis óptimos destes parámetros.
As tres entidades pretenden contribuir a obter un froito de calidade inmellorable que poida competir no mercado, manter a rendibilidade do cultivo e producir un froito de propiedades idóneas que poda ser identificado polo consumidor e primado no mercado. O ensaio será realizado en dúas explotacións comerciais, unha situada en Valença do Minho (Portugal) e outra en Moeche (A Coruña).
A empresa Trading House Amodia encargarase da toma de mostras, tanto foliares como de froito de kiwi, para estudar a evolución estacional dunha serie de parámetros. As análises posteriores realizaranse na Estación Fitopatolóxica do Areeiro, propiedade da Deputación de Pontevedra. E o financiamento do proxecto será asumido pola Fundación Juana de Vega que reforza deste xeito o seu compromiso co desenvolvemento do rural de Galicia.