VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- A directora Xeral de Interior e da Academia Galega de Seguridade Pública, Isabel Durántez Gil, recoñeceu que o actual panorama de España en materia de seguridade pública -coa coexistencia de corpos policiais estatais, autonómicos, forais, adscritos, etc. e unha desigual organización dos corpos de policías locais- fai “inaprazable” unha reforma do sistema policial español. O que se busca, di, é un sistema unitario de policía, especializado funcional e territorialmente, e que responda na súa organización e funcionamento aos principios de descentralización e subsidiariedade. Durántez fixo estas declaracións no XXI Encontro de Responsables de Formación e Coordinación de Policía Locais, organizado pola Academia Canaria de Seguridade, e celebrado en Santa Cruz de Tenerife.
A responsable de Interior da Xunta, avogou polo impulso da construción dun novo modelo de seguridade pública que “corresponsabilice” ao Estado, ás comunidades autónomas e aos municipios, baixo “un reparto competencial máis racional e unha coordinación máis eficaz da que hoxe existe”. De aí, dixo, a necesidade da colaboración recíproca entre todos co fin de conseguir “unha policía de todos”, aínda que advertiu da necesidade de coidarse “de precipitacións ou improvisacións”.
Sistema de Seguridade Pública de Galicia
No seu relatorio, titulado Sistema de Seguridade Pública de Galicia, Isabel Durántez expresou que a “inequívoca” aposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza por impulsar un novo modelo de seguridade pública “global” galega, deu lugar á creación dun marco normativo propio nun “tempo record”. Segundo a directora, en pouco máis de dous anos, o departamento de Méndez Romeu deseñou unha lexislación transversal que supón a “pedra angular” do que ha de ser o Sistema de Seguridade Pública de Galicia.
A directora de Interior fixo referencia ao “esforzo normativo” que supuxo a aprobación da Lei da Academia Galega de Seguridade Pública; de coordinación de policías locais; de Emerxencias de Galicia; de Policía de Galicia; e o decreto que crea e regula a Axencia Galega de Emerxencias, aprobados no Parlamento nesta lexislatura.
Lei de Policía de Galicia
Así, no tocante á Lei de Policía de Galicia, dixo que a súa aprobación por parte do Parlamento foi un “acontecemento histórico” con forte carga simbólica xa que supuxo o desenvolvemento da competencia máis transcendente desde o punto de vista político que quedaba por desenvolver do Estatuto de 1981. Así, Durántez lembrou que aínda que a posta en marcha en 1991 da Unidade do Corpo Nacional de Policía Adscrita á Xunta de Galicia supuxo o “xermolo para o futuro corpo autonómico”, non foi ata a chegada ao Goberno do presidente Touriño cando se afrontou o proxecto dunha policía propia en termos “tan realistas” de cara a súa firme realización. A futura policía de Galicia, dixo, será unha policía de máximos e de integración de membros de outros corpos e forzas de seguridade, polo que o seu despregue farase “sen rupturas e quebres non desexados”.
Lei de Emerxencias e Academia Galega de Seguridade Pública
Ao abordar a Lei de Emerxencias, a directora lembrou que os seus principais obxectivos son a distribución das responsabilidades publicas e materia de protección civil e xestión de emerxencias; a profesionalización de todos os implicados; unha mellor coordinación e reposta homoxénea en todo o territorio da Comunidade e o ámbito de colaboración da sociedade civil. Todo isto, dixo, partindo da premisa de que a sociedade de risco moderna precisa “un sistema integrado de protección civil e emerxencias”, e tendo como principal apoio para súa realización á Axencia Galega de Emerxencias.
Doutra banda, Isabel Durántez tamén falou da necesidade de concibir integralmente o proceso formativo dos xestores da seguridade pública en Galicia a través da ampliación de obxectivos da Academia Galega de Seguridade Pública, organismo competente a nivel autonómico de impartir esa formación. Así, recoñeceu que, xunto os cursos formativos dirixidos aos principais corpos policiais, bombeiros e membros de protección civil, puxeron en marcha outras actividades formativas que afectan a colectivos vinculados igualmente coa seguridade pública, como son xuíces e fiscais, funcionarios penitenciarios, membros de seguridade privada e axentes forestais.
Lei de Coordinación de Policías Locais
En referencia ás policías locais de Galicia, a titular de Interior lembrou que a súa chegada ao Goberno de Galicia a lei vixente de coordinación de Policías locais estaba obsoleta xa que databa de 1992 e acusaba unha evidente necesidade de desenvolvemento regulamentario. Ademais. Segundo dixo, desde o principio o obxectivo primordial do seu departamento foi acadar a asimilación da normativa á xa vixente na maior parte das Comunidades Autónomas. Deste xeito, Isabel Durántez destacou as principais novidades da Lei de Coordinación de Policías Locais: garantir a profesionalización policial esixindo que os axentes sexan funcionarios de carreira -superando os conceptos de auxiliares e vixiantes municipais-, maior esixencias nas titulacións que corresponden cos distintos niveis de executivos e de mando, a creación dun Gabinete Técnico, unha nova definición da estrutura da xefatura e a regulación da segunda actividade, entre outras.